Ribadeo, 11 de agosto de 2025. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo (Acisa), co apoio da Xunta de Galicia, pon en marcha unha nova campaña de concienciación e apoio ao pequeno comercio e á hostalaría local baixo o lema O noso comercio é vida, vive Ribadeo.
Segundo a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado: “o obxectivo desta iniciativa é sensibilizar á veciñanza e ás persoas que nos visitan sobre a importancia de mercar e consumir nos establecementos de Ribadeo, lembrando que este xesto cotián ten un gran impacto na economía, no emprego, na vida social e na identidade da vila. Desde Acisa seguimos apostando pola trato próximo, polo asesoramento personalizado e polos sorrisos de carne e oso. Fuximos dos sorrisos en cartón”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “o elemento central da campaña é un pequeno manifesto que recolle 10 razóns fundamentais para apostar polo comercio e a hostalaría locais, acompañadas de ilustracións que evocan algúns dos lugares máis recoñecibles de Ribadeo. Cada punto pon en valor un beneficio clave que ofrecen as empresas locais, lonxe do comercio on-line ou das grandes áreas, pero tamén fora desas iniciativas coma mercados ambulantes, eventos gastronómicos puntuais ou similares, e que poden tamén ser unha competencia desleal para os negocios dunha vila coma Ribadeo”.
Os puntos do manifesto son os seguintes: “Estamos preto de ti – A proximidade é unha vantaxe incalculable: mercar preto da casa aforra tempo, reduce desprazamentos e reforza a vida de barrio. Non somos máis caros que as grandes superficies ou internet – Os prezos do comercio local son competitivos, e en moitos casos iguais ou mellores que os das grandes cadeas, cun servizo próximo e personalizado. Podes mercar no comercio local tamén online – O comercio ribadense adaptouse aos novos hábitos: moitos establecementos xa ofrecen venda en liña, combinando a proximidade coa tecnoloxía. Ofrecemos mellor calidade – A selección de produtos é máis coidada, con provedores de confianza e un trato directo co cliente, o que se traduce en mellores estándares de calidade. Aquí atoparás un trato personalizado e un sorriso real – O factor humano marca a diferenza: coñecer ao cliente permite ofrecer solucións á medida e unha atención que ningunha gran plataforma pode igualar. Os negocios locais dan máis e mellores garantías – Mercar na vila permite contar cun punto de contacto claro e próximo para resolver calquera incidencia, con máis rapidez e eficacia. A riqueza que se xera queda na nosa vila – Cada euro gastado en Ribadeo queda na economía local, xerando emprego, apoiando a outros negocios e fomentando o crecemento do municipio. Estás axudando a manter e crear postos de traballo de amigos e/ou familiares – O comercio e a hostalaría local son motores de emprego. Consumir local contribúe a que moitas persoas poidan desenvolver o seu proxecto de vida aquí. Os escaparates enchen de luz, cor e orixinalidade as nosas rúas – A actividade comercial dá dinamismo e atractivo ás rúas, converténdoas en espazos vivos, seguros e agradables. Permítenos ter un Ribadeo dinámico con infinidade de actividades e ocio ao longo de todo o ano – Un tecido comercial forte é clave para manter unha oferta cultural, lúdica e social constante na vila”.
Cruzado Iglesias, presidenta da patronal, sinalou que “non se trata só de manter negocios abertos, senón de protexer a identidade e o pulso de Ribadeo. Cada vez que alguén merca nunha tenda local ou toma un café nun bar da vila, está contribuíndo a que as nosas rúas sigan cheas de vida. Esta campaña é unha chamada de atención e unha chamada á acción, porque todos somos responsables de coidar o noso entorno económico e social. As vilas teñen vida grazas aos negocios locais”.
E engadiu: “queremos que a xente sexa consciente de que detrás de cada mostrador e cada barra hai persoas, moitas veces coñecidas, que forman parte da nosa comunidade. Mercar local é apostar polo futuro de Ribadeo e por un modelo de vida que queremos preservar. É apostar por un comercio próximo, de calidade e con corazón. Esta campaña de concienciación O noso comercio é vida, vive Ribadeo difundirase a través de pegatinas, que se repartiran os vindeiros días nos locais asociados para que os coloquen en lugar visible, redes sociais e diferentes formatos publicitarios. Acisa invita a toda a cidadanía e a quen nos visita a sumarse a este movemento e a comprobar de primeira man as vantaxes dun comercio e dunha hostalaría próximos, de calidade e comprometidos coa súa comunidade. Desde Acisa estamos sempre ao carón dos nosos asociados e asociadas, eses que pagan os seus impostos durante todo o ano neste concello, eses que crean emprego e xeran riqueza en Ribadeo”.
Esta iniciativa enmarcase na programación de actividades do proxecto de Acisa Ribadeo O noso comercio é vida, vive Ribadeo co financiado por a Xunta de Galicia no marco do proxecto O teu comercio é extraordinario.





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



