
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Viveiro, 27 de agosto, 2025. O vindeiro sábado, 30 de agosto, celebraranse en Viveiro
varios actos en memoria das persoas que fixeron parte da Agrupación Cultural Sementeira (1975-2003).
Programa
-12:30 horas: sala de Usos múltiples do Concello de Viveiro. Acto aberto no que intervirán persoas que fixeron parte das primeiras xuntas directivas da Agrupación nos anos 70.
-13:30 horas: Descuberta dunha placa na fachada do número 19 da rúa Irmáns Vilar Ponte onde estivo aberto , hai agora 50 anos, o primeiro local social da Agrupación en 1975.
-15 horas: xantar de confraternidade no que participarán asociadas de Sementeira, que iniciou as súas actividades en 1972 e se mantivo activa até o ano 2003.