A ala ucraína, procedente do Teldeportivo, incorporarase á plantilla de Belén Feal o día 15
Burela, 13 de agosto, 2025. Anna Stanislavivna Sydorenko (Krivoy Rog, Ucrania – 26.09.1995), incorporarase ao plantel burelense o día 15 na súa chegada ao pobo mariñán. O ala ucraína procedente do Teldeportivo aportará velocidade, destreza e regate á plantilla da técnica ferrolá Belén Feal.
Jugadora internacional coa selección ucraína, Anna Sydorenko, viaxou e pasou por todos os formatos futbolísticos, desde o fútbol campo, a fútbol praia, pero maiormente ao fútbol sala, dando os seus primeiros pasos no FC Penuel, en fútbol campo, e estreándose en fútbol sala no Belichanka, pasando polo Tolna-Mözs (Hungría), o WFC Tesla e volvendo a fútbol campo co FK Zhytlobud nas tempadas 19/20 e 20/21. Na 21/22 volve ao futsal fichando polo MFC Normanochka (Rusia) e ingresando posteriormente no Rekord Bielsko-Biala Feminino (Polonia). A pasada tempada 24/25 vén a España co Gran Canaria Teldeportivo.
Para a ucraína o noso club é unha boa aposta para esta tempada, “Burela sempre foi un exemplo de como debe ser o fútbol sala feminino: un equipo moi forte, sempre en boca da xente e con títulos de campión ás súas costas. Para min será unha experiencia moi interesante, xa que creo que, en primeiro lugar, conta cunha sólida base técnica, e será interesante observar o proceso de formación dun equipo que foi múltiple campión”.
Afrontando o novo curso con ilusión, “sinto forza e fame de xogo e de gol. Quero aproveitar a oportunidade de poder ter unha vida centrada no futsal, creo que será unha tempada interesante”.
Con ganas de conseguir logros, “pola miña banda serei o máis produtiva posible para que xuntas podamos lograr vitorias e ser máis fortes cada día. Por suposto, sempre pensando no obxectivo final: o campionato ligueiro, a miña mente e accións estarán dirixidos de cara a iso” e de formar parte da nosa Familia Laranxa, “tras coincidir nun partido, sorprendeume gratamente a cálida benvida e o apoio do club. Sentín que jugadorxs e aficionadxs eran unha gran familia. Foi un pracer xogar nestas bancadas”.





















Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.


