Burela, 7 de agosto de 2025. O Concello de Burela organiza este venres 8 de agosto a súa primeira Festa Acuática, que se celebrará na praia do Portelo, na zona lateral situada xunto ao Cabaliño, sempre que as condicións do mar o permitan. En caso de que non sexa posible por motivos de seguridade, a actividade trasladarase á praia do Cabaliño.
O horario da festa será de 16:30h a 19:30h, e incluirá xogos acuáticos e inchables como Nemo, Pluto, o pulpo, a rampa Mundo Marino, un rulo e o Wipeout, ofrecendo unha tarde lúdica e refrescante para todas as persoas que se acheguen á praia.
Para poder participar nas actividades será necesario saber nadar, levar flotador ou estar acompañado/a por unha persoa adulta responsable.
A alcaldesa de Burela, Carmela López, valorou positivamente esta nova proposta de lecer veraniego e explicou que “queremos ofrecer actividades que poñan en valor as nosas praias e fomenten a participación cidadá nun entorno seguro e divertido. Esta será a primeira edición da Festa Acuática e esperamos que sexa todo un éxito.”