Non é certo que sempre existisen na Galicia as actuais políticas de desleixo na prevención, abandono do medio rural e privatización das actividades de extinción. Estas políticas teñen a súa orixe na volta ao poder da Xunta do PP, en 2009.
A vaga de incendios forestais de agosto de 2006 tivo un impacto devastador en Galicia e provocou unha forte reacción por parte do goberno de coalición BNG-PSdeG. Diante da magnitude da crise puxéronse en marcha diversas medidas co obxectivo de previr futuros incendios e mellorar a xestión do monte. Entre as principais accións lexislativas cómpre salientar:
i. O Decreto 105/2006, anterior nunhas poucas semanas aos lumes daquel agosto, que estableceu medidas de prevención de incendios forestais, protección de asentamentos rurais e regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais. Adquiriría unha relevancia aínda maior despois da crise, subliñando a necesidade de que a Xunta colaborase cos concellos na elaboración de plans de protección e defensa, e asumise directamente traballos preventivos en faixas de especial protección non realizadas polos propietarios.
ii. A Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, que tiña como obxecto defender os montes e terreos forestais fronte aos incendios e protexer as persoas e os bens, promovendo unha política activa de prevención. Entre os seus puntos chave figuraban o establecemento do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (PLADIGA) como instrumento básico de planificación, a creación de redes de faixas de xestión de biomasa (primarias de 125 mts de largo e outras de 100 mts de protección de núcleos poboados), obrigando a propietarios e titulares de infraestruturas a mantelas limpas, a prohibición de repoboacións forestais en solo urbano e núcleos rurais, así como en zonas de labranza, cultivo, prados ou pastos, o reforzo das estruturas de extinción e prevención, o afondamento na educación, sensibilización e divulgación agroforestal, a promoción da constitución de masas de especies arbóreas caducifolias ou de baixa inflamabilidade e mailo reforzo dos dispositivos de extinción e prevención.
Nos tempos da xestión nacionalista na Consellería de Medio Rural existiu un incremento de medios humanos e materiais destinados á loita contra o lume, así como unha mellor coordinación entre as distintas administracións implicadas. Por outra banda afondouse na sensibilización e concienciación da cidadanía sobre a importancia da prevención e o coidado do monte. A Lei 3/2007 marcou, deste xeito, un antes e un despois na lexislación galega en materia forestal, establecendo un marco moito máis robusto para a xestión de biomasa e a prevención do lume.
Coa chegada do Partido Popular ao Goberno da Xunta en abril de 2009, a política forestal e de loita contra os incendios experimentou unha moi substancial modificación e reorientación nas prioridades. Malia que a Lei de de 2007 non foi derrogada, foi obxecto de sucesivas modificacións e desenvolvementos normativos por parte do novo goberno que, canda a Lei 7/2012, de montes de Galicia, afectaron nomeadamente á prevención de incendios, flexibilizando a prohibición de plantar eucaliptos en terras agrarias e a política de reordenación da propiedade (suprimindo as Unidades de Xestión Forestal-UXFOR- creadas polo goberno de coalición) o que incrementou a superficie forestal de especies pirófitas e o abandono do rural. Por outra banda, reduciuse de xeito desaquelado e imprudente a 50 mts a faixa de protección primitiva da Lei 3/2007 dende os 125 e 100 mts primitivos.
Porén, como xa fixera o Goberno Fraga con Romay Beccaría, mentor de Núñez Feijoo, de conselleiro, púxose o foco na loita contra o suposto “incendiario“: O goberno do PPdeG acentuou o discurso sobre a intencionalidade dos lumes e a persecución dos incendiarios, o que desviaba a atención das causas estruturais e da necesidade de mellorar a xestión do monte, como xa demostrara a ampla pescuda desenvolvida polo anterior Fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela.
As vagas de lumes de 2017 e 2022, canda a actual de agosto de 2025, amosaron á ineficacia e falta de coordinación do dispositivo de extinción. Velaí a súa efectiva desmontaxe en outubro de 2017, antes do peor da vaga daquel ano, as 190 vacantes deste ano, denunciadas pola CIG e a CSIF ou a privatización monopolística da xestión dos medios aéreos denunciada recentemente pola xornalista Cristina P. Marcote.
E, por riba de todo, os Gobernos da dereita amosaron a súa cativa preocupación por afondar nas causas últimas do lume, máis alá da condena aos incendiarios. Nin o abandono do rural, nin a fragmentación da propiedade, nin a expansión de especies de rápido crecemento e alta combustibilidade foron abordadas de xeito efectivo. No foco de Rueda e Núñez Feijóo só ai “incendiarios” .


















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



