Ambos equipos comezaron hoxe cos tests físicos que tiveron lugar esta mañá no pavillón Vista Alegre, tras a presentación do equipo feminino
Burela, 11 de agosto, 2025. Comeza a pretempada no CD Burela FS, esta mañá coa presentación do equipo feminino ás 10.00h no pavillón Vista Alegre. Posteriormente realizáronse os tests físicos das xogadoras, na pista do mesmo pavillón, da man do novo preparador físico Nacho Fernández, do centro de adestramento de Burela, Henko (que formará parte este ano do CT do equipo feminino) e, finalmente, levaron a cabo diversos exercicios técnico-tácticos coa nova adestradora Belén Feal e segundo adestrador, Jairo Campo. Recentemente chegada, a media mañá, a xogadora brasileira, Gabi Lucchesi, non puido participar deste primeiro contacto, pero mañá incorporarase aos adestramentos coas súas compañeiras. As xuvenís Mara e Mariña participaron na xornada de hoxe e farán toda a pretemporada co primeiro equipo.
Doutra banda o equipo masculino tamén aproveitou esta mañá para realizar os tests físicos, da man do fisioterapeuta do equipo, Tulio García, coa axuda e seguimento (puntual) de Hugo García, do centro focense, Quenlla Crossfit, no ximnasio do pavillón Vista Alegre, cos xogadores que xa están no pobo, chegando hoxe, tamén a media mañá, o gardameta arxentino Gonzalo Starna que tamén se achegou ao pavillón a saudar aos seus novos compañeiros. Participaron, e participarán en toda a pretemporada, os xuvenís Walter e Pedro. Mañá será a presentación do equipo, ás 17.00h no Salón de Conferencias de Burela.





















Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.


