Ribadeo, 14 de agosto de 2025. O 16 de agosto terá lugar en Remourelle a XVIII Festa da Carne ao Caldeiro, que organiza a asociación veciñal A Madanela coa colaboración do Concello de Ribadeo e da Xunta de Galicia.
O alcalde, Dani Vega, contou que “esta fin de semana, concretamente o sábado 16, celébrase a Festa da Carne ao Caldeiro, coa que Remourelle quere darlle un valor a un produto de proximidade, como é a carne de tenreira rubia galega, un produto de excelencia”.
O rexedor cre que “é moi importante resaltar estas celebracións, darlle valor a un produto tras o que hai moitísimo traballo de moitos gandeiros. E dende logo nosoutros, como Concello, queremos seguir colaborando con eles. É unha celebración onde se quere poñer en valor unha forma de vida, que é o gandeiría; un produto, que é a carne de tenreira rubia galega; e nesa celebración tamén vai haber momento para xogar aos bolos, como se leva facendo hai moito tempo, e dende o Concello colaboramos con eles”.
Vega felicita á asociación de veciños A Madanela polo traballo que están a realizar para manter tradicións coma esta: “a exaltación da carne ao caldeiro”. Subliñou que “xa o ano pasado se incorporou moita xente nova para traballar por Remourelle e dinamizar Remourelle. O relevo xeracional si que existe para que estas asociacións sigan tendo moita actividade e vida”. E convidou á veciñanza e visitantes a acudir a esta festa gastronómica.
O rexedor indicou que “a dinamización que ten Ribadeo con estes eventos o que fai é atraer unha cantidade de xente moi importante e tamén posibilitar que os veciños e as veciñas de Ribadeo gocen dun grande abanico de eventos durante todo o ano, aínda que se incrementan durante o verán”.
O 16 de agosto ás 14:00 horas terá lugar a actuación do Dúo Belinda para amenizar o xantar que dará comezo ás 14:40 horas, servido por Pulpería Suso, de Lugo. O menú consistirá en empanada, polbo, carne ao caldeiro, cachelos e pementos de Padrón, sobremesa, café e bebida. O prezo do menú será de 30 euros para os adultos e de 15 euros para a picaraxada de 7 a 12 anos. Os menores de 6 anos xantarán gratis.
Xa pola tarde terá lugar o Torneo de Bolos e a partires das 18:30 horas volverá a música do Dúo Belinda. Esta fin de semana, o 17 de agosto, Remourelle celebra tamén as festas na honra de Santa María Magdalena.
Xunto aos organizadores de ambas citas estiveron o alcalde, Dani Vega, a concelleira de Turismo, Marta Saiz, e o concelleiro de Medio Ambiente, Diego Dos Santos.






















Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



