Barreiros, 13 de agosto de 2025. O 14 de agosto terá lugar a VII Festa do Ovo Frito, que organiza o Celta Barreiros coa colaboración do Concello. Será no campo de fútbol do Cascabeiro a partir das 19:30 horas.
O menú consistirá en 2 ovos, 1 chourizo, patacas fritas, pan e para beber viño, cervexa e auga. O prezo será de 12 euros por persoa. E de 10 euros para aqueles que retiren os tíckets de xeito anticipado no bar Miramar, de San Cosme, en Casa Melva ou a través dos membros da organización chamando ao teléfono 659 392 666.
Na VII Festa do Ovo Frito haberá verbena a partir das 21:30 horas amenizada polo Dúo EPOK e ás 00.00 horas actuación de Alejandro Martínez.
Desde o CF Celta Barreiros animan “a achegarse ao Cascabeiro este xoves, día 14, a saborear unha exquisita cea e a pasar unha tarde-noite diferente na VII Festa do Ovo Frito”. A organización preparará 1.500 racións desta proposta gastronómica, que foi presentada pola directiva do CF Celta Barreiros.


















Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



