O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta nova convocatoria, cunha dotación inicial de 400.000 euros e a posibilidade de incrementarse ata os 3,2 millóns
Ribadeo, 5 de agosto de 2025. A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, puxo en valor as axudas do seu departamento para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo, cuxa segunda convocatoria deste ano se publica hoxe, precisamente, no Diario Oficial de Galicia, cunha dotación inicial de 400.000 euros e a posibilidade de incrementarse ata os 3,2 millóns, de ser necesario. A primeira convocatoria deste 2025 supuxo un investimento de 2,4 millóns de euros e beneficiou un total de 34 entidades.
A conselleira fixo esta valoración na súa visita ás instalacións da cooperativa Irmandiños (que forma parte de CLUN) na localidade lucense de Ribadeo, na que estivo acompañada polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e polo alcalde da localidade lucense, Daniel Vega.
Nesta liña, Gómez sinalou que estas achegas, que van destinadas a cooperativas agrarias e sociedades agrarias de transformación (SAT) procedentes de fusión, supoñen para estas entidades unha importante redución dos seus custos de produción, ao tempo que se incrementa a seguridade e se fomenta o aforro enerxético. Neste caso, o importe de axuda que pode recibir cada beneficiario será do 35 % dos custos da maquinaria, con posibilidade de incrementalos ata un máximo do 50 %.
No mesmo sentido, cómpre destacar que a Consellería do Medio Rural leva promovendo estas axudas dende 2015 e convocáronse anualmente dende entón, o que supuxo unha achega total de máis de 41 millóns de euros. Todo isto dá idea -subliñou Gómez- da importancia que a Xunta concede a estas subvencións e, en xeral, ao fomento do cooperativismo e á modernización do sector primario galego.
Importancia da Cooperativa Clun
A conselleira salientou tamén o relevante labor que desempeñan entidades coma Os Irmandiños, cooperativa integrada dentro de CLUN, no eido asociativo agrario. Cómpre lembrar, neste senso, que CLUN -composta ademais por Feiraco e Melisanto- é a primeira cooperativa agrogandeira galega de importantes dimensións e que nela aglutínanse 3.870 gandeiros que producen 300 millóns de litros de leite ao ano e tamén compran a outros produtores da nosa comunidade.
Ligazón á convocatoria das axudas no DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250805/AnuncioG0426-240725-0003_gl.html





















Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



