Ribadeo, 8 de agosto de 2025. O Cantón acollerá o vindeiro domingo, 10 de agosto, a partir das 21:30 horas o concerto de Maricarme, o supertrío do novo folk galego.
Maricarme é o supertrío do novo folk galego, nacido da unión de tres recoñecidas caras do panorama musical: Antía Ameixeiras (Caamaño&Ameixeiras), Cibrán Seixo (Davide Salvado) e Migui Carballido (Zeltia Irevire). Os instrumentos acústicos (violíns, pandeiros, bouzouki…) únense ás sonoridades máis electrónicas (sintetizador de baixo, pads, pedais…) creando un folk orixinal e poderoso.
Maricarme viaxa dende a tradición oral ás composicións propias e presenta un concerto dinámico que promete facernos bailar.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, anima “a asistir a esta nova proposta musical da que poderemos gozar este domingo en Ribadeo así como a todas as actividades programadas para este mes de agosto, que son moitas e moi diversas: cine, música, exposicións, presentacións de libros… hai moito e para todos os públicos e gustos”.























O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.


