Luís Bará alerta dunha “operación de borrado de probas” na Sociedade Impulsa para protexer a actuación do PP na Xunta en relación á pasteira
Santiago de Compostela, 11 de agosto. O viceportavoz do BNG e deputado responsable de Medio Ambiente, Luís Bará, advertiu do atentado que suporía aos intereses do País a autorización de Augas de Galiza á que aspira Altri para instalar a súa macrocelulosa na Ulloa, que prevé unha captación de 46 millóns de litros e 30 millóns de vertidos ao día.
A situación na que se atopa estes días o encoro de Portodemouros é, asegurou, unha das evidencias máis claras de que esa autorización é “inviable e incompatible” coa normativa hidrólóxica e o estado da propia presa e do río Ulla. Segundo datos da semana pasada, destacou, o encoro atópase ao 39 % da súa capacidade, cando a o ano pasado á mesma altura do ano estaba no 52 % e a media da última década é do 71 %.
O deputado nacionalista alertou de que aínda que a Xunta faga unha das súas “frecuentes operacións de maquillaxe” para rebaixar as demandas de uso de auga de Altri, a concesión e inviable, máis tendo en conta que, xunto á seca e a baixada de precipitacións, unha das razóns fundamentais do baixo nivel de auga en Portodemousos é o incremento de turbinado por parte de Naturgy, que xa ten no encoro unha concesión hidroeléctrica.
“A evidencia científica de que no futuro vanse incrementar os períodos de seca e de baixada de precipitacións en épocas estivais aínda fan máis inviable que a autorización a Altri”, que pide unha concesión para 75 anos.
Engadiu, ademais, que o Plan Hidrolóxico Galiza Costa establece unha xerarquía “moi clara” dos usos da auga, sendo a prioridade principal o abastecemento á poboación, seguido dos usos para a transición xusta, os ambientais, os que teñen que ver co actividade agropecuaria e, en quinto lugar, os industriais para a produción de enerxía, no que se encadraría Naturgy. O uso industrial que pretende Altri enmarcaríase na última das prioridades recollidas na normativa.
Bará criticou que a Xunta en mans do PP intente facerlle un “traxe a medida” tamén no que ten que ver coa autorización de Augas de Galiza e denunciou, neste sentido, que o Executivo de Rueda decidiu “hai moito tempo” darlle a Altri todas as autorizacións que precisa. Referiuse así ao acordo secreto asinado en outubro de 2021 entre a Xunta, a través da Sociedade Impulsa, e Altri, un acordo que Rueda se nega a dar a coñecer alegando que se trata dun documento asinado “no ámbito privado”, tal e como se recolle nunha nova contestación da Xunta remitida recentemente ao BNG.
Intereses privados na acción de goberno
O BNG considera que o anuncio de disolución da Sociedade Impulsa “confirma todas as denuncias e todas as sospeitas” sobre a existencia dun documento coas “condicións secretas” de Altri para a tramitación do proxecto. “A ocultación do acordo é de extraordinaria gravidade porque se, como di a Xunta, é entre sociedades privadas, entón estaría condicionando a actuación do Goberno galego”, expuxo Bará, asegurando a continuación que “isto podería dar lugar a responsabilidades que, no seu momento, teríanse que dirimir, probablemente, no ámbito xudicial”.
O deputado nacionalista puxo o foco así mesmo nas similitudes que existen entre a xestión que fixo a Xunta en relación ao acordo de 2021 co “método que se está coñecendo agora do señor Montoro”, que implica “cambiar leis e cesar e nomear cargos públicos a medida de intereses privados”.
Lembrou, neste punto, o cese do director xeral de Calidade Ambiental en setembro de 2024, responsable da tramitación da declaración de impacto ambiental de Altri coa que supostamente estaría en desacordo, e o nomeamento de dous cargos “fundamentais” en Augas de Galiza: o ex conselleiro Agustín Hernández como director xeral de Xestión de Infraestruturas Hidráulicas, e o ex director xeral de Mobilidade Ignacio Maestro como director xeral de Planificación da Xestión de Recursos Hídricos.
Trituradoras de papel á máxima intensidade
Bará adiantou que o BNG vai reclamar no Parlamento o acceso a toda a documentación da Sociedade Impulsa en relación a Altri e que se faga “unha copia de seguridade” porque, destacou, “no BNG temos claro que neste momento nesa sociedade están funcionando coa máxima intensidade as trituradoras de papel e que tamén hai unha operación de borrado de discos duros para facer desaparecer todas as probas que poden ser comprometedoras dunha actuación irregular e ilegal por parte do Goberno galego”.






















O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



