O acordo foi subscrito hoxe polo alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a presidenta da asociación, Isabel Lorenzo Serantes
Ortigueira, 12 de agosto de 2025. O Concello de Ortigueira e a Asociación Prol Minusválidos de Ortegal (ASPROMOR) asinaron hoxe un convenio de colaboración para a concesión dunha subvención nominativa, por importe de 45.000 euros, destinada a apoiar os proxectos e programas que a asociación desenvolve en beneficio das persoas con discapacidade da comarca.
A presidenta de ASPROMOR, Isabel Lorenzo Serantes, e o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, subscribiron o acordo, que permitirá avanzar en distintas iniciativas enfocadas a mellorar, adaptar e modernizar os servizos de ASPROMOR.
Estas iniciativas inclúen a adquisición e instalación dun grupo electrógeno de activación automática que proporcione electricidade ás instalacións en caso de cortes de luz ou fallos na rede. Isto permitirá o funcionamento continuado tanto dos sistemas médicos como de seguridade, non afectando a actividade diaria do Centro nin das rutinas das persoas usuarias.
A través desta subvención nominativa tamén levará a cabo a implementación dun proxecto de vida independente en vivenda tutelada. Unha iniciativa que presta os apoios necesarios a cada persoa con discapacidade intelectual para que poidan vivir de forma independente e aumentar o seu grao de autonomía.
Ademais, o convenio permitirá facilitar o transporte par saídas de lecer e tempo libre coa mellora e posta a piques da frota de vehículos que se empregan para estas actividades.
O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, destacou a importancia deste convenio e sinalou que “este acuerdo es una muestra más del compromiso de nuestro Concello con el bienestar y la inclusión de todas las personas de Ortigueira. Sabemos que ASPROMOR desempeña un papel fundamental en la mejora de la calidad de vida de las personas con discapacidad y sus familias, y este apoyo económico permitirá que sigan creciendo y ofreciendo mejores servicios”.
Con esta axuda, o Concello de Ortigueira reforza o seu apoio a ASPROMOR, impulsando proxectos crave para a inclusión e o benestar social no municipio.