De todos é sabido o grao de participación da nosa alcaldesa nas redes sociais. Non pasa un día sen que comparta coa veciñanza a súa labor e xestións no Concello.
Vaia por diante que a nós parécenos moi ben que a señora López Moreno faga uso de tódalas ferramentas posibles para ternos informados, aínda que recoñecemos que ás veces botamos tamén en falta a mesma “intensidade informativa” por parte da nosa alcaldesa á hora de responder a preguntas e peticións formais formuladas por escrito e con rexistro de entrada.
Pois ben, hai uns días, a nosa primeira edil compartiu un video nas súas redes sociais -e tamén nos perfís do Concello- amosándonos diferentes construcións da vila que noutro tempo foron senlleiras para o noso pobo.
Así, ensinounos onde estiveran situadas algunhas tascas na Vila do Medio e na rúa Pascual Veiga (calle do Can); e tamén nos amosou a casa que puido ser o primeiro salón de baile, e onde se proxectou inicialmente a construción do que despois foi o Cine Mon…En resume, amosounos unha parte da Burela que xa foi.
Como dixemos, agradecemos este despregue instrutivo da nosa alcaldesa. Sempre é bo saber de onde vimos e como era a Burela do pasado, pero como mandataria pública que é, gostaríanos que en lugar de falar do que fomos non estaría mal que tamén nos falara do que pretende que sexamos. E se ten a ben, nós atrevémonos a darlle algunhas suxestións:
Non estaría de máis que volvera a dar unha volta pola Vila do Medio e se parara un anaquiño na nosa antiga Igrexa Parroquial. Estaría ben que nos falara das xestións que ten previsto facer o Concello -ou as que ten feito- para a conservación deste edificio histórico, porque dende a intervención que se fixera no ano 2006 para recuperar as súas pinturas (que por certo segue sen rematar) non se ten feito nada e atópase nun estado de deterioro preocupante tanto no exterior como no interior… Non será, talvez, que estea a agardar a que se deteriore máis aínda para poder facer outro dos seus videos e ensinarnos así outra edificación sobranceira da nosa vila que pasou a mellor vida?
Tamén viría ben que se pasara polo campo de fútbol da Marosa e nos dixera como están as xestións para acometer o amaño das gradas e dos vestiarios que levamos agardando dende hai anos. A este paso moito nos tememos que tamén será outra desas construcións singulares que esmoreceron no noso concello coa desidia e ineptitude dos que deberían de preservalas.
O mesmo acontece co Cabo Burela e cos terreos dos Castros onde se atopou o Torques e a Arracada castrexa. Sería fantástico que a nosa alcaldesa nos explicara se dende o Concello están a traballar para preservar e poñer en valor ese tesouro do noso patrimonio histórico que permanece esquecido. Se quere, pode tomar exemplo de concellos veciños coma Xove ou Cervo, onde están a desenvolver medidas arqueolóxicas e de consolidación nos castros de Portocelo e Rueta.
E por último, aproveitando que se molestou en amosarnos o edificio ruinoso que ía ser inicialmente o cine Mon, gustaríanos propoñerlle á señora López que o Concello negocie cos seus propietarios para adquirilo -ou explotalo a cambio do seu derrubo antes de que aconteza unha desgracia- e o adique para aparcamento público, dado á súa proximidade coa actual Igrexa Parroquial e por estar nunha zona deficitaria de aparcamentos como moitas outras do noso casco urbano.
En definitiva, creemos que é bon saber o que fomos e de onde vimos; pero aínda máis importante é ter claro o que queremos ser e ter gañas de conseguilo.



















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



