Está encadrada dentro de Xuventude no Programa de Verán do Concello de Xove. Nestes tres días teñen un plan intenso e variado de actividades en contacto estreito coa natureza que comprende desde a montaxe e a desmontaxe do campamento surf na praia de Esteiro, kaiaks, xogos acuáticos, festa da escuma, xincana e moitos xogos máis. Está organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e a Oficina de Información Xuvenil.
