Vilalba, 23 de setembro de 2025. A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, lembra que a estación de autobuses “leva dous anos nunha situación de completo abandono por parte da Xunta de Galicia, que é a propietaria das instalacións”.
“A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, convocoume a unha última reunión sobre este tema en xullo e alí comentouse que a proposta por parte da Xunta sería inminente, pero desde aquela non houbo novidades”, afirma Rouco.
“O mesmo que se nos dixo nunha visita á estación hai case un ano e anteriormente, pero o tempo pasa e a solución non chega”, lamenta.
A alcaldesa de Vilalba considera ademais que a situación da estación “contradí as últimas declaracións da propia directora xeral de Mobilidade, que critica o novo modelo concesional de autobuses estatais porque segundo a Xunta pode aillar zonas rurais en Galicia”.
“Vilalba e á capital da Terra Chá e se queremos que a poboación utilice o transporte público, este servizo e as instalacións deben estar en boas condicións”, engade Rouco, que lembra que “desde o concello tivemos que tomar a decisión de limpar a estación na pasada primavera polo seu pésimo estado”.
“A estación de autobuses leva dous anos sen ningún tipo de mantemento por parte da Xunta, é unha falta de respecto para os nosos veciños e veciñas, polo que demando ao goberno galega unha solución xa, non podemos esperar máis”, remata Marta Rouco.



















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



