A asociación Hombreiro Río Miño, de Lugo, e As Bulidoiras, das Nogais, estrearon este martes a segunda quenda de excursións gratuítas organizadas pola institución provincial para promover o turismo de proximidade e poñer en valor o patrimonio
Lugo, 2 de setembro de 2025. A Deputación de Lugo reabre este martes a quinta edición do programa de viaxes Coñece a túa provincia, que arranca hoxe a súa segunda quenda do ano con visitas gratuítas á Mariña. Preto de 1.200 veciños e veciñas de 26 concellos de toda a provincia participarán entre setembro e outubro nesta iniciativa da institución provincial que ten por obxectivo promover o turismo de proximidade e poñer en valor o patrimonio.
O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, recibiu no Centro de Interpretación Terras do Miño aos membros da Asociación As Bulidoiras, das Nogais, que visitarán este martes o museo do mel do Valadouro, a Finca Galea ou o castelo de Alfoz. Estreou tamén o calendario de excursións a asociación Hombreiro Río Miño, de Lugo, que fará unha ruta que lles permitirá coñecer as principais praias do Vicedo e o casco antigo de Viveiro. Esta semana percorrerá a provincia tamén a veciñanza de San Tirso, en Palas de Rei; do Carballido, de Castro de Cuíñas e de Cereixido, na Fonsagrada; de Santa Cristina de San Román, en Lugo; e de Santiago de Sobracedo, en Taboada.
Pilar García Porto, Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, valorou que o balance da temporada completa é “moi bo”, con máis de 130 entidades veciñais da provincia –o que supón máis de 3.000 persoas- participando entre as dúas quendas. “Este programa é un éxito ano tras ano, un éxito en participación e en retorno económico. Cada persoa que fai unha das nosas rutas xera aproximadamente 60€ que impactan directamente no sector turístico. Estamos a falar de que levamos xerado preto de 1M€ desde que arrancamos con esta iniciativa”, calculou.
Argumentou a Deputada que o modelo de turismo polo que aposta a Deputación, e no que se enmarca este programa, “baséase nos principios de accesibilidade, porque é unha opción máis inclusiva por non requirir custos elevados; de reforzo da identidade local, por poñer en valor tamén as tradicións, a gastronomía e as costumes; da dinamización económica do territorio, por impactar directamente na hostalaría, o comercio e os servizos locais; e no respecto ambiental, porque favorece un modelo respectuoso co medio natural e os recursos do territorio”.
Esta iniciativa provincial está dirixida a asociacións e colectivos sen ánimo de lucro de toda a provincia e consiste en viaxes gratuítas, en pequenos grupos, dunha xornada de duración por diferentes puntos da xeografía lucense seguindo diversas rutas polo patrimonio natural, histórico, cultural e gastronómico.
O programa Coñece a túa Provincia inclúe, de balde, o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar, e entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo. Estas visitas realízanas profesionais que contan coa habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e persoal de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



