Lugo, 5 de setembro de 2025. Os museos provinciais -Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de Cervo, Pazo de Tor e Museo Fortaleza de San Paio de Narla- ofrecen un curso máis aos centros escolares da provincia un amplo programa de actividades a desenvolver ao longo do ano escolar. A deputada de Cultura Iria Castro e a xerente da Rede Museística Provincial de Lugo Encarna Lago, acompañadas Silvia Fiallega Lorenzo, Ángeles Miguélez Martínez e María Ramil, persoal do departamento de didáctica, presentaron o compedio de actividades e recursos que se ofrecen para as distintas etapas educativas, desde Educación Infantil ata Bacharelato.
A deputada de Cultura Iria Castro sinalou que “as actividades educativas son unha porta máis de entrada aos museos e ao coñecemento do patrimonio e da arte”.
Encarna Lago explicou que “o obxectivo é atender ás necesidades do alumnado de todos os niveis, desde Educación Infantil ata Bacharelato, cunha oferta flexible e adaptada. Cremos que os museos son espazos de afecto onde aprender debe ser unha tarefab divertida. Por iso, cada unha das nosas iniciativas está deseñada para que o alumnado sexa protagonista da súa propia experiencia”.
Así, a participación nas actividades pode desenvolverse con visitas presenciais guiadas, pero tamén a través de visitas virtuais ou actividades en liña ou de caixas de aprendizaxe que se envian aos centros escolares con materiais didácticos.
Para concertar visitas (presenciais ou virtuais), solicitar as caixas de Aprendizaxe ou realizar calquera consulta, a comunicación debe realizarse a través das seguintes vías:
Correo: concertacionsrmp@gmail.com
Teléfono (para consultas): 680 744 701





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



