A directora da Axencia Galega de Innovación participa nunha sesión para difundir esta liña de axudas, dotada con 28M€ para impulsar iniciativas entre empresas e centros de coñecemento en ámbitos estratéxicos
Lugo, 3 de setembro de 2025. A Xunta de Galicia iniciou hoxe en Lugo a rolda de obradoiros informativos sobre o novo programa Nexos dotado con 28M€, o que supón a maior contía destinada polo Goberno galego a unhas axudas para impulsar a I+D+i colaborativa entre empresas e co apoio de centros de coñecemento en ámbitos estratéxicos para a Comunidade. A primeira das citas, na que estivo presente a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, celebrouse na Confederación de Empresarios de Lugo.
Co obxectivo de resolver dúbidas e explicar todas as características desta convocatoria a potenciais interesados en optar a ela, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP celebra estas xornadas nas catro provincias para que estes poidan coñecer a fondo esta nova liña de apoio, cofinanciada con fondos europeos no marco do programa Galicia Feder 21-27. “Ante todas as novidades de Nexos, celebramos estes obradoiros para explicar dun xeito práctico todas as súas características e resolver as dúbidas que haxa para poder concorrer a axuda”, sinalou a representante da Consellería de Ciencia.
Durante a cita tamén se lle facilitou aos participantes apoio para solicitar estas axudas, cuxo prazo aberto permanecerá aberto ata o 22 de setembro. Poderán beneficiarse delas as agrupacións de entre tres e seis empresas –principalmente pemes– que realicen proxectos de I+D+i en colaboración. O obxectivo de Nexos, que abrangue catro anualidades ata 2028, é fomentar a cooperación a través de proxectos de I+D+i entre pemes e demais axentes do eido da investigación e innovación. Como afirmou Carmen Cotelo, a convocatoria “prevé chegar a 50 proxectos e 200 beneficiarios e, así, mobilizar 47M€”.
Ámbitos estratéxicos
Entre as novidades desta convocatoria destaca a “priorización dun número reducido de ámbitos temáticos e a incorporación de custos simplificados na xustificación das axudas”, remarcou a directora da Axencia Galega de Innovación, asegurando que o Goberno autonómico “quere impulsar a competitividade do tecido produtivo galego a través da I+D+i en beneficio da sociedade”.
A tipoloxía de proxectos subvencionables poden ser de investigación industrial, desenvolvemento experimental ou innovación organizativa ou en material de procesos. Priorizaranse aqueles que se inclúan nalgún dos seguintes ámbitos estratéxicos para Galicia: agroalimentación, benestar e saúde, economía circular e enerxía ou fabricación avanzada.



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



