Antonio Ameijide explica que con tres reclamacións máis nas últimas semanas, “acumúlanse 39 nas 35 primeiras semanas do ano, págase máis dunha por semana” o que “evidencia a desatención do mantemento das vías provinciais por parte dos gobernos de PSOE e BNG durante os últimos 18 anos”
Lugo, 22 de setembro de 2025. O voceiro do Grupo Popular na Deputación, Antonio Ameijide, advirte que “a rede de estradas provinciais rexistra accidentes con frecuencia debido ao mal estado do firme das estradas que son titularidade da Deputación de Lugo, derivado dunha total falta de mantemento por parte dos gobernos de PSOE e BNG durante os últimos 18 anos. Socialistas e nacionalistas desentendéronse do coidado das vías de titularidade provincial”.
Ameijide especifica que “o goberno de PSOE e BNG recoñece o nefasto estado das vías provinciais” ao continuar resolvendo varias reclamacións por responsabilidade patrimonial polos danos ocasionados a vehículos que “evidencian o mal estado de moitos puntos das estradas da Deputación”.
O goberno provincial resolveu nun prazo de 10 días tres novas reclamacións por responsabilidade patrimonial por danos en vehículos.
Unha delas correspóndense cun impacto nunha roda no p.k. 58 da LU-P-1611 no mes de abril deste ano como consecuencia dun bache que non se apreciaba ao estar cheo de auga. Tamén na LU-P-1611 -coñecido como cinto comarcal- se rexistraba en novembro do 2024 outro sinistro á altura do p.k.72 onde un vehículo impactaba cunha fochanca de gran profundidade provocándolle danos materiais.
Outro caso rexistrouse o pasado mes de marzo no p.k.1,8 da LU-P-5901 en Canaval (Sober) ao pasar sobre baches que ocupan toda a calzada nun tramo recto a nivel sendo de día e co asfalto seco. O vehículos sufriu danos no pneumático posterior dereito.
Estas reclamacións resoltas nas últimas semanas súmanse a outras 36 resoltas no que vai de ano. Así, nos primeiros oito meses do ano -35 semanas- a Deputación de Lugo tivo que responder por 39 sinistros nas vías da súa titularidade; é dicir, a máis dunha por semana.
O popular lamenta que “esta sexa a realidade do día a día” dos veciños e veciñas da provincia e dos usuarios da rede provincial. “As estradas da Deputación son imprescindibles para garantir a mobilidade diaria dos lucenses e os servizos no territorio, pero todo parece indicar que non é unha preocupación de primeira orde para PSOE e BNG”. E engade que “un goberno do Partido Popular foi capaz de construír os 4.217 km de estradas da Deputación de Lugo, pero os gobernos de PSOE e BNG, con moito máis orzamento, non son capaces de mantelas en bo estado de conservación”.
O voceiro popular subliña que “todas as reclamacións seguen, lamentablemente, a darnos a razón sobre a perigosidade da rede viaria provincial que se atopa nun estado moi mellorable na práctica totalidade dos concellos da provincia, xa que José Tomé unicamente se preocupa das estradas provinciais que pasan polo Concello onde é alcalde”.
Ameijide incide en reclamar ao goberno de PSOE e BNG “tomar en serio o mantemento da rede viaria provincial” para “garantir a seguridade dos usuarios e usuarias”.




















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



