Riotorto, 13 de setembro de 2025. Augaxosa, en Riotorto, celebrou este sábado a súa feira de gando, dando continuidade a tradición de mercados gandeiros documentados nesta localidade desde, cando menos, o menos o século XVIII. O recinto feiral reuniu mais de 120 cabalos, eguas e poldros de ganderías da contorna, entre elas, a ganderia de Ricardo Veiga, de Vilaseca, en Riotorto, a gandería Xan das Bouzas de Mondoñedo e a de Miguel Miranda, da Pontenova, que recibiron os premios ás ganderias con maior número de animais na feira.
A área de Rural da Vicepresidencia da Deputacion de Lugo colaborou coa Asociación de Veciños da Augaxosa na organizacion da feira que, ademais do habitual mercado cabalar, contou este ano cunha mostra de animais de razas autoctonas con exemplares de vacas de razas caldela, limiá e vianesa, de ovella e cabra galega e de pita de mos, ademais de postos de alimentación, artesanía e textil e demostracions de cestería e tornería.
As persoas que se achegaron á feira puideron degustar tamen gratuitamente hamburguesas de poldro de Pura Raza Galega dentro do programa de promoción de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural de gusto da área de Rural da Vicepresidencia da Deputacion de Lugo.




















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.