Viveiro 4 de setembro de 2024. Un gran número de persoas participou na primeira concentración do mes de setembro convocada pola Plataforma Sanitaria da Mariña en demanda dunha plantilla de persoal completa, estable e durante toda a quenda.
Nesta ocasión o encargado de abrir o acto reivindicativo foi Samuel Fernández Bouza, veciño de Viveiro que fai parte do tecido asociativo veciñal da cidade e tamén integrante deste colectivo sanitario. Comezou agradecendo a presencia a todas as persoas que asisten habitualmente, máis tamén a aquelas que non poden vir por diversos motivos ou a aquelas que presentan reclamacións ou de xeito valente denuncia públicamente nos medios a situación sanitaria da comarca.
Explicou que durante todo este tempo, desde o mes de maio concretamente, o pobo de Viveiro sigue a pé de rúa denunciando a situación que existe no centro de saúde e solicitando respostas e solucións por parte de quen xestiona a sanidade pública galega e a Área Sanitaria.
Samuel deu paso a dúas mulleres que sempre acuden a todas as chamadas á mobilización pola causa sanitaria e que resaltaron que a xerencia fixo oídos xordos diante das advertencias da veciñanza do caos que se aveciñaba, máxime durante o período estival, datas nas que Viveiro pode chegar aos cincuenta mil habitantes, cunha plantilla médica ao 50 por cen, sen persoal para as persoas desplazadas e con persoal de enfermería non subtituído por vacacións.
Fixeron fincapé que a única “solución” da xerencia e da consellería foi reunirse con alcaldes e alcaldesas do PP para decir que a atención sanitaria estaba garantida na Mariña e que iban priorizar a cobertura dos centros sanitarios da Mariña, outra mentira máis que engadir ao ranking de mentiras do PP.
Samuel Fernández concluiu o acto reprochando o comportamento do goberno actual de Viveiro e da súa alcaldesa que “correu para chegar primeira á chamada do xerente máis nin unha soa vez acudiu a acompañar ao seu pobo para defender a atención sanitaria en Viveiro”.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



