O taller ofreceu a vinte persoas desempregadas a oportunidade de adquirir formación teórica e práctica nas especialidades de xardinería, acabados ríxidos e urbanización, e control de pragas
Ribeira de Piquín, 11 de setembro de 2025. A Xunta clausurou hoxe o obradoiro dual de emprego O Castro X, promovido polo concello de Ribeira de Piquín xunto aos de Castroverde, Pol, A Pastoriza e Riotorto, no que investiu 412.000 euros.
A directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López, participou na entrega de diplomas.
Durante os últimos nove meses, vinte persoas desempregadas dos cinco municipios tiveron a oportunidade de adquirir formación teórica e práctica nas especialidades de viveiros xardíns e centros de xardinería; operacións de acabados ríxidos e urbanización; e control de pragas.
En canto ás actuacións realizadas, rehabilitouse o local social de Santa Marta de Meilán (en Riotorto), acondicionouse a contorna do centro cívico de Vián (na Pastoriza), leváronse a cabo tarefas de mantemento nas rutas de sendeirismo Eo-Pena de Millares e Chao de Pousadoiro-Muíño de García (na Ribeira de Piquín) e melloráronse numerosas zonas verdes, como na carballeira da Praza Galicia ou no merendeiro de Rioxán (en Pol) e no miradoiro da Lombra e no recinto ferial de Castroverde, entre outras actuacións.




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



