O Valadouro, 5 de setembro, 2025. O Concello do Valadouro a través da Concellería de Deportes organiza o III Día da Bicicleta para promover o deporte e o exercicio moderado e as actividades ao aire libre nunha xornada de convivencia entre veciños, familia, amigos e visitantes ademáis de visibilizar a bicicleta como modo de transporte ecolóxico e saudable.
A data é o sábado 13 de setembro ás 17:00 horas e a inscrición xa está aberta tanto nas oficinas municipais como nas da Casa da Cultura, ademais de pola Sede electrónica ata o venres 12 de setembro.
Ao final do traxecto, sortearanse entre os participantes varios vales dun valor de 100 € para canxear por material ciclista ademais dun casco para a bicicleta.