Ribadeo, 19 de setembro de 2025. O presidente do Senado, Pedro Rollán, visitou este venres Ribadeo, onde inaugurarou as Xornadas Mar por Medio pola tarde.
O alcalde, Dani Vega, dixo que “o presidente do Senado visita Ribadeo, creo que é unha boa noticia e unha alegría que as institucións visiten Ribadeo, que haxa unha reunión cordial co presidente do Senado, aquí en Ribadeo. Creo que hai que destacalo e subliñalo da importancia desta visita, dado que a cuarta autoridade do país visita Ribadeo, creo que é todo un exemplo de como está a facer Ribadeo o traballo”.
Para o rexedor “ter unha boa relación coas institucións é moi importante, administracións desde o punto de vista lexislativo, como é o Senado, tamén o Congreso dos Deputados ou tamén as distintas administracións como Deputación, o Goberno do Estado e a Xunta de Galicia”.
Vega considera que “hai que seguir nesta liña, destacar que é unha visita que tamén se vai unir ao comezo das Xornadas Mar por Medio, que vamos falar dese punto de encontro dos camiños, dese inicio que é Ribadeo da etapa do Camiño Norte. Vamos seguir afondando na historia e no impacto que está tendo o Camiño de Santiago tamén en Ribadeo e no conxunto do mapa galego e creo que o presidente do Senado inaugure estas Xornadas xunto co reitor da Universidade de Santiago, a vicereitora da Universidade de Oviedo, tamén o director da Axencia de Turismo de Galicia, a viceconselleira de Turismo de Asturias e tamén que participe a Academia Xacobea con esa organización das Xornadas, como respaldo tamén intelectual, eu creo que Ribadeo está mandando tamén unha mensaxe clara que do Camiño de Santiago, do Camiño Norte, se pode falar desde un punto de vista turístico, desde un punto de vista musical de concertos, pero tamén, e eu creo que hai que subliñalo, desde un punto de vista cultural, desde o mundo da intelectualidade, por seguir afondando e abordando asuntos que tamén interesan para Ribadeo”.
Xa pola tarde, o presidente do Senado, Pedro Rollán, participou na mesa inaugural das XX Xornadas Mar por Medio, que se desenvolven no Salón dos Alcaldes do Concello de Ribadeo ata o vindeiro domingo.
Nese acto xunto ao presidente do Senado estiveron o reitor da Universidade de Santiago, a viceconselleira de Turismo do Principado de Asturias, o director da Axencia de Turismo de Galicia, o presidente da Academia Xacobea, o deputado provincial de Recursos Sostibles, a concelleira de Cultura e o alcalde de Ribadeo. O encargado de moderar o coloquio foi o académico Lois Celeiro.
A primeira xornada pechouse co concerto de Manoele de Felisa.
Mañá ás 10:30 terá lugar a mesa redonda Galicia e Asturias unidas no Camiño. Para as 12:30 horas está prevista a conferencia De qué falamos cando falamos de Mar por Medio? Pola tarde ás 17:00 horas unha mesa redonda abordará A peregrinación: encontro de culturas. Os xubileos de Santiago, Roma e Xerusalén. Ás 18.30 horas nova conferencia sobre O Camiño de Santiago como modelo de turismo rexenerativo. A xornada do sábado concluirá coa actuación da Coral Polifónica de Ribadeo na igrexa de Santa Clara.
As XX Xornadas Mar por Medio concluirán o domingo, día 21, cun roteiro cultural ás 10 da mañá Tras os pasos da Orde Franciscana. E ás 13:00 horas terá lugar o acto de clausura.
O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou tamén este venres no acto de benvida das XX Xornadas Mar por Medio de Ribadeo. A cita, organizada pola Academia Xacobea co obxectivo de reflexionar sobre o Camiño de Santiago e o fenómeno xacobeo, desenvólvese entre hoxe e o domingo, 21 de setembro, baixo o título Ribadeo, encontro de Camiños.
“Celebramos vinte anos dun encontro que, grazas á visión pioneira do hispanista británico John Rutherford, converteu a Mariña nun lugar de referencia para reflexionar sobre o Camiño de Santiago, sobre a súa historia, a súa dimensión cultural e espiritual, pero tamén sobre o seu papel como espazo de encontro entre persoas, institucións e territorios”, explicou Cajoto Caserío.
Expuxo o Deputado que con vistas ao seguinte Ano Santo, en 2027, “é o momento de planificar e colaborar para chegar preparados a esa cita. Temos dous anos decisivos para avanzar en proxectos, en ideas e en compromisos que permitan que o Camiño de Santiago siga sendo un referente mundial tamén no futuro”. Nese sentido puxo en valor a provincia de Lugo como “unha auténtica terra de peregrinos” polos seus 800 quilómetros de rutas xacobeas, unha “ferramenta” para promover un turismo sostible.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



