O Grupo Provincial Socialista rexistra unha segunda moción que defenderá no vindeiro Pleno da Deputación
Lugo, 27 de setembro de 2025. O Grupo Provincial Socialista defenderá no vindeiro Pleno da Deputación de Lugo unha moción para instar á Xunta de Galicia a apoiar o Pacto de Estado fronte á emerxencia climática impulsado polo Goberno de España e a cumprir coas recomendacións aprobadas no Parlamento de Galicia en 2018 sobre política forestal e incendios. Trátase da segunda moción que o PSdeG levará á sesión plenaria, xunto coa destinada a frear os recortes e garantir unha educación pública de calidade no rural.
Apoio ao Pacto de Estado fronte á emerxencia climática
A iniciativa socialista lembra que España é un dos países máis vulnerables a este fenómeno e que Galicia sofre con especial intensidade as súas consecuencias: secas máis longas, choivas torrenciais máis frecuentes e incendios forestais cada vez máis virulentos. O pacto de Estado, explican, “fundaméntase no coñecemento científico, a anticipación e a cooperación institucional, co obxectivo de protexer a cidadanía, a economía e a biodiversidade”.
“A ciencia confírmao: o vínculo entre o quecemento global e a virulencia dos incendios é indiscutible”, advertiu a voceira provincial, Pilar García Porto. “A xestión reactiva dos incendios xa non é suficiente: urxe centrarse na prevención, na restauración da paisaxe e na adaptación ao novo contexto climático”.
En consecuencia, o PSdeG insta á Xunta a adherirse ao Pacto de Estado fronte á emerxencia climática e a comprometerse cunha estratexia común que permita afrontar con rigor os retos que xa a está a provocar o cambio climático en Galicia.
Cumprimento do ditame de 2018 sobre política forestal e incendios
A moción fai tamén referencia ao ditame aprobado polo Parlamento de Galicia en 2018, tras a vaga de lumes de 2017, que incluía 123 medidas para reformar a política forestal e reforzar a prevención e extinción de incendios. Segundo denuncian os socialistas, “a día de hoxe, o nivel de implantación daquelas medidas é moi baixo, sendo xenerosos na análise”.
Neste sentido, o Grupo Provincial Socialista reclama que a Xunta active de inmediato estas actuacións e convoque a comisión de seguimento prevista no propio ditame. “Non podemos volver repetir cada verán os mesmos erros. Galicia precisa políticas de prevención serias, planificadas e estables”, conclúen os socialistas.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



