Viveiro, 29 de setembro, 2025. No pleno do 10 de xaneiro de 2024 Por Viveiro presentou un rogo no que se detallaban as deficiencias do paseo de fachada e variante da ría. Despois de mais de ano e medio, pouco se ten feito, o deterioro é cada vez mais acusado: lousas rotas, mal asentadas, asentadas a distinto nivel. Esta situación, ademais de presentar unha imaxe moi deficiente, provoca riscos de seguridade para as persoas que utilizan de xeito cotiá este paseo, contabilizándose varias caídas nos últimos meses.
Por Viveiro roga ao equipo de Goberno a inclusión no orzamento do ano 2026 dunha partida para mantemento, que permita a reparación completa dos danos no paseo da fachada da ría e da variante.