Xove, 6 de setembro, 2025. A parroquia de Portocelo, no concello de Xove, celebra as súas festas dende o 5 ao 7 de setembro.
A comisión organizadora está na man da Asociación de Festexos A Medorra, cuxa dirección está formada por Jordi Meitín, Julio Lamelas e Borja Cociña. Nesta ocasión Jordi e Borja, acompañados pola concelleira de cultura Mª Dolores Meitín, fixeron a presentación do cartaz das festas.
O venres día 5 arrancou a sua programación coa festa do langostino e do churrasco, amenizando pola noite a verbena o Duo Epo-k e o grupo Da Silva.
O sábado terán sesión vermú, campionato de bolos pola tarde e festa rachada pola noite co grupo D Kris, El Combo Dominicano e a Disco Móbil Conxuro, con servizo de autobusés dende Viveiro, San Ciprián, Burela e Foz.
E xa o domingo rematarán coa sesión vermú prolongada amenizada polo Trio Karma.
A comisión invita á veciñanza e a aos visitantes a achegarse este fin de semana a Portocelo, a celebrar estas festas parroquiais nun ambiente festivo e acolledor. Haberá carpa en previsión de chuvias.
As inmediacións desta praia de Portocelo de areas finas e augas cristalinas será un entorno natural perfecto que invita a pasar unhas xornadas de confraternidade e diversión garantizadas.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



