A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela organiza este xoves en Valladolid a terceira edición do evento gastronómico “Merluza D& Burela por el Mundo”, que pon en valor a enorme versatilidade deste produto.
Burela, 20 de setembro, 2025. ‘Sibaritas Klub’ de Valladolid acollerá este xoves 25 de setembro un evento no que a protagonista será a “Merluza D& Burela” a través dun showcooking guiado por dous recoñecidos cociñeiros locais con diferentes elaboracións para saborear a pescada do pincho de Burela nas súas versións máis tradicionais e vangardistas, presentando tamén receitas inspiradas noutras cociñas do mundo, como a asiática ou a mexicana.
Javier Peña (Sibaritas Klub) e Palmira Adoitar (restaurante 5 Gustos) ofrecerán unha degustación final a todos os asistentes a este evento, que terá lugar entre 11:30h e 13:30h en ‘Sibaritas Klub’, un restaurante de altura cunhas vistas únicas da cidade desde a décima planta do Museo da Ciencia de Valladolid.
O evento, cuxo aforo é limitado e está dirixido especialmente a creadores de contido e xornalistas gastronómicos, estará presentado pola dietista Gloria Hernández e nel intervirán tamén representantes de OPP Burela para dar a coñecer algunhas das claves do éxito e da historia do Porto de Burela.
Esta acción está cofinanciada por Xunta de Galicia e FEMPA, incluída no plan de produción e comercialización anual da OPP-7 Porto de Burela co obxectivo de contribuír á trazabilidade dos produtos da pesca e ao acceso dos consumidores a información clara e completa.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



