A alcaldesa, Marta Rouco, participou hoxe na presentación do programa que inclúe tres charlas impartidas pola asociación de produtores A Estruga nas que se relacionan lingua, territorio e produción sostible
Vilalba, 25 de setembro de 2025. O Concello de Vilalba acolleu hoxe a presentación do programa “Naturalmente en galego”, unha iniciativa posta en marcha de forma conxunta polos concellos de Vilalba, Xermade e Muras para fomentar o uso da lingua galega na etiquetaxe de produtos alimenticios.
A presentación contou coa presenza da alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, o alcalde de Xermade, Roberto García, o alcalde de Muras, Manuel Requeijo, e Amanda López, produtora e secretaria da asociación A Estruga, entidade encargada de impartir as charlas.
O programa desenvolverase a través dunha subvención de 1.500 euros da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destinada a programas de dinamización lingüística. Segundo destacou a alcaldesa de Vilalba, trátase dunha acción “sinxela e próxima, pero con gran valor, porque pon en relación o noso idioma co territorio, cos produtos locais e coa forma que temos de vivir e producir no rural”.
A primeira das charlas será en Vilalba, este venres 26 de setembro ás 11:00 horas na Praza de Abastos, centrada na horta. Posteriormente haberá outras dúas: o 1 de outubro en Muras, ás 18:00 horas na Casa do Médico, centrada na apicultura, e o 2 de outubro en Xermade, ás 18:00 horas na Nave Municipal do Polígono, dedicada á horta, ovellas, ovos e apicultura.
As sesións terán un formato expositivo e práctico: proxectarase un vídeo, cada produtor explicará a súa experiencia respectuosa co medio e co idioma, e finalmente falarase da etiquetaxe en galego. Como explicou Amanda López, da asociación A Estruga, non se trata de abordar a normativa, senón de amosar con exemplos reais que producir en galego é posible, viable e positivo.
Os rexedores de Xermade e Muras destacaron a importancia da colaboración institucional para dar forza a proxectos conxuntos que chegan directamente á cidadanía, co que coincidiu a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco.
Con este programa, os tres concellos queren visibilizar o valor da lingua galega como parte inseparable do territorio e da produción sostible, e convidan a toda a veciñanza a participar nestas charlas abertas e gratuítas.






















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



