A Mariña, 31 de outubro de 2025. A campaña da FCAM De compras polo comercio da Mariña Lucense chegará o 8 de novembro a Lourenzá e Mondoñedo con novos convidados.
A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explicou que “as persoas que fagan as súas compras nos comercios de Lourenzá e de Mondoñedo entre os días 3 e 8 de novembro entrarán no sorteo de 500 euros en vales de compra. O 8 novembro ás 20:00 horas na Praza do Concello, de Mondoñedo, terá lugar o devandito sorteo. E os convidados especiais cos que imos contar nesta ocasión serán os encargados de entregar os vales ás persoas afortunadas. Con eles imos visitar tamén enclaves turísticos da comarca, porque entendemos que comercio e turismo están moi unidos neste destino, e ademais imos amosarlles a excelente gastronomía coa que contamos na Mariña”.
Ata Lourenzá e Mondoñedo se achegarán Inés Butrón, escritora, profesora, divulgadora gastronómica e colaboradora do programa Gente Viajera, de Onda Cero; Fabián Pérez, xornalista e presentador de televisión en Mediaset, que actualmente traballa no programa Todo es mentira, de Cuatro; Leticia Sierra, escritora e xornalista que traballou en varios medios de Asturias, Salamanca e Madrid; e Carlos Arévalo, piragüista (medallista olímpico en Tokio e París).
Desde a FCAM subliñan que “o obxectivo desta campaña é unha forte aposta polas compras no pequeno comercio, nese que temos a carón das nosas casas. E facémolo traendo á Mariña a persoas destacadas pola súa profesión no ámbito do xornalismo, a música, a escritura, o deporte ou o cine. Esta iniciativa da FCAM xurdiu hai 10 anos e neste 2025 decidimos retomala e renovala. Queremos que eses persoeiros sexan un reclamo comercial e por iso veñen pasar unha fin de semana entre nós. Arrincamos a finais de outubro en Foz e seguimos o noso percorrido os días 8 e 9 de novembro en Lourenzá e Mondoñedo”.
En Lourenzá tivo lugar a presentación da campaña De compras polos comercio da Mariña Lucense. No acto participaron a alcaldesa, Rocío López, e a presidenta da FCAM, Carmen Cruzado.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



