Os deputados lucenses do PP cren que “reafirman o compromiso do Goberno galego co reequilibrio territorial, apostan polo benestar social, o apoio ás familias e o desenvolvemento e progreso da nosa provincia”
Lugo, 21 de outubro de 2025. Os deputados autonómicos do PP lucense subliñan “o compromiso” do Goberno galego co reequilibrio territorial co interior de Galicia que supón que “a nosa provincia volva converterse na primeira en gasto por habitante”: 5.754€.
Os populares destacan tamén “que o Executivo autonómico presente as contas en tempo e forma” de cara á súa tramitación parlamentaria e entrada en vigor antes do 1 de xaneiro do vindeiro ano. “Non como o Goberno do Estado liderado por Sánchez que leva cos Presupostos Xerais prorrogados dende o 2022”. Así, inciden en que “mentres o Goberno galego actúa dende a responsabilidade e a previsión ofrecendo estabilidade da man dunhas contas actualizadas e centradas en Galicia e nos galegos; o Goberno de Sánchez non é capaz de presentar unha proposta demostrando a dependencia dos seus socios independentistas e que está máis centrado noutras cousas que en gobernar”.
Os deputados do Grupo Popular subliñan que “o Goberno de Rueda lle pon cifras á súa aposta polo benestar social, o apoio ás familias, o desenvolvemento e o progreso do noso territorio” toda vez que “prioriza o gasto social (dirixe 3 de cada 4 euros a sanidade, educación, política social e emprego), impulsa vivenda pública, recolle beneficios fiscais para os colectivos máis vulnerables (incluíndo a familias monoparentais, aos enfermos de ELA ou aos afectados por incendios), aumenta o apoio aos Concellos, avanza na mellora das infraestruturas, prepara o Xacobeo 2027 e aposta polo I+D+i”.
As contas elaboradas polo Goberno galego para o 2026 -que non precisan recorrer ao endebedamento- recollen no capítulo de gastos un investimento de 1.867M€ en actuacións directas na provincia de Lugo “que dan soporte económico aos compromisos adquiridos polo Goberno galego na provincia”. E puntualizan que “hai que engadir outras achegas directas” para sufragar servizos públicos que presta a Xunta (incluíndo as melloras das retribucións acordadas e as condicións laborais do persoal dos ámbitos sanitario e educativo, da xustiza ou da loita contra incendios), fondos para convocatorias de axudas a empresas e particulares, etc.
ALGUNHAS CIFRAS
Máis de 700M€ para a área sanitaria incrementándose nun 4% e contemplando melloras en varios centros de saúde da provincia (8,2M€), a modernización dos hospitais comarcais (5M€) e tamén en equipamento hospitalario, informático, de alta tecnoloxía e distintos programas sanitarios; ademais do incremento retributivo ao persoal.
Máis de 76M€ para o ámbito dos coidados e atención ás persoas (dependencia, gratuidade das escolas infantís, mellora das infraestruturas, alzhéimer, atención a maiores, atención temperá ou conciliación)
Máis de 50M€ en materia de infraestruturas e mobilidade: preto de 10M€ para conservación e vialidade nas estradas autonómicas; máis de 12,5M€ para reforzo do firme, mellora da seguridade viaria, redacción de proxectos, execución de sendas…; preto de 8M€ da intermodal de Lugo, 5M€ para o desdobramento corredor Nadela – Sarria que suporá un investimento total de máis de 35M€, 9M€ para a mellora de estradas autonómicas, máis de 2,3M€ para tarxetas de transporte Xente Nova e +65, axudas a transportistas e taxistas, melloras en estacións de autobuses…
Preto de 38M€ en materia de emprego (formación, apoio ao emprendemento, axudas autónomos, mellora dos centros de formación, polos de emprego e bonos comercio)
Máis de 35M€ en materia de vivenda (vivenda pública, solo para vivenda protexida e aloxamento compartido para menores de 36 anos en Lugo e programa Rexurbe)
Máis de 23M€ para desenvolvemento industrial (Polo Industrial de Rozas, ampliación dos polígonos des Gándaras e Palas de Rei…)
Máis de 11,5M€ en actuacións plurianuais (que suman 47,5M€) para a mellora do abastecemento de auga e saneamento a pesar de tratarse dunha competencia dos Concellos: Edar Foz e Burela, abastecemento Ribadeo-Trabada e actuacións en Baralla, Rábade, Cervo-Burela, Pantón, Chantada, Friol, A Pastoriza, Viveiro, Triacastela…
Preto de 14M€ en investimento directo na provincia no eido da educación: 5,7M€ para rehabilitación, ampliación e mellora de centros de ensino (CEIP Manuel Mallo, IES Muralla de Lugo, remate das obras do IES Lucus Augusti, IES María Sarmiento de Viveiro, Frei Luis de Granada…), 4M€ para renovar a acreditación de excelencia do Campus de Lugo da USC e outros 4M€ en ciencia.
Máis de 13M€ no ámbito rural: 4,5M€ para o Plan Camiña Rural; 4,4M€ para reestruturacións parcelarias triplicando a súa partida na provincia; 1,5M€ de apoio aos viñedos da Ribeira Sacra; 1M€ para o Laboratorio de Saúde Pública e preto doutro 1M€ para o matadoiro móbil; aos que hai que sumar as axudas da PAC e á incorporación de mozos que soben ata os 131M€ en toda Galicia ou os 15,5M€ para a xestión de biomasa duplicando o apoio aos Concellos a través do convenio coa FEGAMP
Máis de 4,5M€ en materia de emerxencias incluíndo o financiamento do 50% do Consorcio Provincial de Bombeiros.
Máis de 3,8M€ para deporte (reforma estadio Anxo Carro, patrocinios…)
Máis de 3M€ de investimentos da man de Portos de Galicia dun total plurianual de 21M€ (actuacións nos portos de Foz, Burela, Ribadeo, Viveiro e proxecto para o de Morás, en Xove)
Máis de 2,5M€ para as infraestruturas xudiciais (eficiencia enerxética, modernización, reparación cuberta edificio xudicial Lugo).
Os populares explican que “o Goberno galego tamén ten en conta a necesidade de conservar o patrimonio natural e cultural, financiar a programación cultural, promover o turismo, apoiar o Camiño de Santiago pensando no horizonte Xacobeo 2027, mellorar infraestruturas turísticas ou programar actividades e mellorar instalacións xuvenís”.
As contas tamén permitirán seguir apoiando aos retornados, ao cooperativismo, ás asociacións e aos Concellos. Neste sentido, a Xunta reserva un 16% máis de orzamento para colaborar cos Concellos da provincia.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



