Ribadeo, 13 de outubro de 2025. A sétima edición das Panchas, a moeda local de Ribadeo, terá lugar do 1 de novembro ao 31 de decembro. Os negocios locais poden adherirse entre o 15 e o 24 de outubro.
O alcalde, Dani Vega, explicou que “a moeda local, a Pancha, xa está aquí, e neste caso comeza o tempo de inscribirse do 15 ao 24 de outubro, todos os negocios locais que o desexen poderán solicitala. A partires de aí o 1 de novembro comeza a campaña para que todo o mundo veña comprar e consumir a Ribadeo, a esta capital comercial entre Asturias e Galicia, a este punto de encontro onde o comercio é evidentemente un sector moi importante para a economía local”.
O rexedor subliñou que “a Pancha é un valor que lle damos a todo o espazo comercial, que haxa un incentivo comercial, xa que por cada 30 euros pódense obter 40 panchas, e iso é un impulso, sen lugar a dúbidas, para todos os negocios locais. Volve a Pancha, volve a moeda local, en colaboración con Acisa, este traballo conxunto que dá moi bo resultado, e evidentemente cada día abren máis negocios en Ribadeo e iso significa que hai un sector moi importante, un impulso económico e unha iniciativa económica que está dando grandes resultados para o Ribadeo”.
Vega indicou que “a Pancha é un incentivo máis, neste caso, segue a suma. Coa pancha, evidentemente, multiplícanse as compras en Ribadeo. Destacar que hai unha inversión de 85.000 euros e aquí damos as grazas, evidentemente, outra vez á Xunta de Galicia por axudarnos. Hai unha parte que é orzamento municipal, que son fondos propios, e tamén ese impulso que nos dá a Dirección Xeral do Comercio nisto e noutras iniciativas que vamos ir presentando durante estes meses, pero na Pancha é fundamental a inversión da Xunta tamén”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, tivo palabras de agradecementos para o Concello: “moitas grazas ao Concello de Ribadeo por contar unha vez máis con Acisa para esta importante campaña da Pancha, que se vai a desenvolver entre o día 1 de novembro e o día 31 de decembro. É unha das campañas máis agardadas de todo ano tanto polo sector comercial e hostaleiro tan importantes que ten esta vila como tamén polas persoas que veñan facer as súas compras e consumir aquí”.
Cruzado Iglesias animou a participar na nova campaña da Pancha: “animamos por unha parte a todos os locais comerciais e hostaleiros de Ribadeo a adherirse entre o 15 e o 24 deste mes a esta campaña e que despois todo o mundo saiba que pode empregar esas panchas entre 1 de novembro e o 31 de decembro. Serán moi benvidas para facer moitas compras como, por exemplo, para telas en conta de cara a campaña de Nadal. O dito, animar a todo o mundo a inscribirse e a toda a clientela a aproveitalas para facer esas compras, xa que toda axuda sempre ven moi ben, sobre todo neste último tramo final do ano e nunha etapa que é de moito consumo tanto en Ribadeo como no resto da contorna”.
As características da campaña mantéñense ao igual que as edicións anteriores: por cada 30 euros obteranse 40 panchas para consumir nos establecementos adheridos. Cada persoa poderá adquirir un máximo de 400 Panchas e poderanse gastar por compra un máximo de 150, a partires desa cantidade a diferenza deberá aboarse en euros.
Na presentación da campaña, que tivo lugar na rúa Reinante, participaron o alcalde, Dani Vega, a presidenta e o xerente de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



