Os deputados populares continuaron a rolda de reunións con alcaldes e portavoces da zona centro da provincia cos que coincidiron en reclamar “igualdade de trato para tódolos Concellos” e que “o goberno provincial atenda as competencias que son propias da Deputación”
Lugo, 13 de outubro de 2025. Os deputados do Grupo Provincial Popular mantiveron unha nova reunión con alcaldes e portavoces da zona centro da provincia nunha nova toma de contacto para coñecer da man dos representantes que están máis preto dos veciños e veciñas de cada concello as necesidades de cada municipio e, máis concretamente, as demandas en materias que son competencia da Deputación de Lugo e que o goberno de PSOE e BNG están a desatender polo que demandan “un cambio”.
Á nova xuntanza coa que dan continuidade ás reunións iniciadas cos representantes da zona sur da provincia asistiron os deputados Antonio Ameijide, José Ángel Santos, José Pardo, Francisco Balado, Armando Castosa e Héctor Corujo e alcaldes e portavoces das comarcas de Lugo, Sarria, A Ulloa, A Terra Chá e Meira que coincidiron en subliñar a falta de colaboración cos Concellos gobernados polo Partido Popular por parte do goberno provincial mentres que ofrece un trato preferente aos Concellos gobernados por PSOE e BNG.
Así, denunciaron “o reparto de fondos da Deputación a dedo” para colaborar cos Concellos gobernados por PSOE e BNG, mentres que aos Concellos con alcaldes do Partido Popular o goberno de Tomé lles aplica a “lei seca”: unicamente aporta o Plan Deputación, un plan obrigatorio por lei e que se implantou grazas ao PP para cumprir coa competencia que a lei outorga ás deputacións provinciais.
Á vista de que “todos os municipios precisan financiamento para prestar servizos aos veciños e veciñas e realizar obras de mellora en ámbitos da súa competencia”, os populares insisten en demandar “un reparto igualitario dos fondos” e, nese sentido, lembran que “pedimos en reiteradas ocasións incrementar o Plan Deputación para colaborar con tódolos concellos da provincia, pero Tomé preferiu incrementar de forma escasa e só para os grandes Concellos, esquecéndose dos lucenses que viven en municipios menos poboados”.
Aínda así, “algúns concellos pequenos dispoñen de man aberta por parte do presidente da Deputación e o goberno de PSOE e BNG que aproba cada venres convenios con Concellos gobernados polas súas cores políticas. É unha clara discriminación para o resto dos Concellos e, polo tanto, para os seus veciños e veciñas que tamén son lucenses”. E, “o máis indignante”, -subliñan- é que “cos convenios a dedo PSOE e BNG aproban sufragar máis investimentos para obras de mellora ou adquisición de maquinaria e todo tipo de gastos que non permiten a través do Plan Deputación, o único instrumento de colaboración con todos”: calquera tipo de gasto corrente –pago de facturas de gasoil, teléfono, calefacción, reparacións…-, contratación de grupos musicais, pagar diñeiro que lle deben á propia Deputación froito doutros convenios ou manter fundacións municipais que incluso pagan un sobresoldo a alcaldes.
Os deputados do PP subliñaron que “non nos cansaremos de reivindicar a igualdade de trato para tódolos Concellos porque consideramos de xustiza que a institución provincial atenda por igual as necesidades dos veciños e veciñas de tódolos concellos do conxunto da provincia”.
Tamén abordaron os populares a “preocupante” situación das residencias da Deputación pola “paralización” da construción das que están en obras -como, por exemplo, a de Guitiriz-, “o nulo avance” das que están prometidas e cos permisos concedidos polos Concellos – Folgoso do Courel e Portomarín- e cos centros de día pechados nos centros da rede provincial que se puxeron en marcha “curiosamente todos en Concellos gobernados por PSOE ou BNG. A pesar de que prometeron os centros de día aos veciños e veciñas, continúan sen prestarlles ese servizo”, apuntan.
“PSOE E BNG DESATENDEN AS COMPETENCIAS DA DEPUTACIÓN”
Os representantes populares nos Concellos coincidiron en trasladar “as mesmas demandas do ano pasado” tras “outro ano de sectarismo e desaparición da Deputación para máis da metade da provincia” porque “o goberno de PSOE e BNG segue a desatender as nosas demandas e, incluso, as que son da súa competencia”. Tanto no ámbito da colaboración cos Concellos – como, por exemplo, na prestación de servizos básicos coma o ciclo da auga, outros servizos supramunicipais ou nas funcións atribuídas pola lei de benestar animal- coma no ámbito da xestión dos bens da súa titularidade como son as estradas provinciais intransitables en moitos puntos da provincia e que sofren atrasos nas tarefas de desbroce, inmobles da súa propiedade descoidados ou sen uso e distintas zonas verdes sen o debido mantemento”.



















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.


