Lugo, 2 de outubro de 2025. A Xunta colabora coa IX Festa Labrega de Landrove, en Viveiro, promovida pola asociación cultural e deportiva Pequenos Pasos. A cita será esta fin de semana e incluirá as VIII Olimpíadas Rurais.
O delegado territorial, Javier Arias, participou hoxe na presentación do programa xunto coa alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, e o presidente do colectivo organizador, Álvaro Otero.
As actividades comezan mañá venres, ás 21,00 horas, co Prendido da Chama Olímpica, seguido da actuación de Amigos do Folk. O sábado, xornada central, haberá animación musical durante todo o día con varias agrupacións. Ás 16,00 horas comezarán as Olimpíadas Rurais e a partir das 21,00 h. terá lugar unha cea de confraternidade. Tamén se lles entregarán premios aos grupos e mellor traxe labrego. No campo da festa instalarase unha carpa para acoller os actos.
Arias destacou que a Xunta apoia as iniciativas lúdicas, culturais ou deportivas organizadas polo tecido asociativo de toda a provincia co fin de dinamizar os barrios e parroquias lucenses e fomentar a convivencia veciñal.





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



