Cervo, 27 de outubro, 2025. O Concello de Cervo felicita á organización do Curso de Kung Fu Taiji Quan – Estilo Familia Yang, celebrado esta fin de semana no municipio, polo seu gran éxito.
O evento, a sexta visita do mestre Yang Jun a España, reuniu practicantes de distintos puntos de España e mesmo doutros países, convertendo Cervo nun referente das artes marciais tradicionais.
Durante o curso, a alcaldesa, Dolores García Caramés recibiu unha placa conmemorativa de mans de Miguel Angel Rojo Darriba, Director Nacional de Kung Fu, en nome do Departamento Nacional de Kung Fu da RFEKYDA, como mostra de agradecemento polo apoio e colaboración que o Concello de Cervo vén ofrecendo a esta disciplina ao longo dos anos.
Desde o Concello “queremos agradecer sinceramente a Miguel Ángel Rojo e a todo o Departamento Nacional de Kung Fu por este bonito detalle e polo traballo que desenvolven na promoción do Kung Fu e do Taiji Quan”.






















Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.


