Ribadeo, 31 de outubro, 2025. O atraso nas obras do Hospital Asilo é como o relato dunha crónica anunciada, afirma o BNG. “Se botamos a vista atrás, poderemos comprobalo. Así, inicialmente estaba previsto que o 25 de abril de 2025 fose a data prevista para o remate das obras. Pero houbo que aprobar unha primeira prórroga até o 25 de setembro do mesmo ano. Non sendo capaz o goberno municipal de dar remate a esas obras en dita data, volveu considerar unha segunda prórroga até o 25 de novembro deste ano 2025. Pero esta prórroga non se chegou a aplicar polo concurso de acredores da empresa construtora”.
“Nos primeiros catro meses de obras só se executou o 1,2% da mesma. En data 27 de setembro de 2024 o goberno municipal, aproveitando a visita da Conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, lanzouse a presumir de que as obras ían a bo ritmo. Pero en realidade só ía executado o 26,42%. A principios do mes de novembro, a porcentaxe de execución era tan só de 32,74%, segundo a certificación emitida polo director de obra”.
Posteriormente, a 26 de febreiro de 2025, o alcalde insiste en que “as obras da residencia do Hospital Asilo avanzan a bo ritmo”, e reitera que “non houbo ningún modificado do proxecto”. En certificación de obra de 11 de marzo de 2025, tan só constaba como executado o 67,41% da mesma. En abril, practicamente ao remate do prazo de execución de obra, tan só estaba executado o 71%, quedando por executar 473.000€.
Ante o retraso manifesto que se estaba a producir, e como resposta ás nosas demandas, o alcalde de Ribadeo “sacou da manga o argumento de modificación de obra que, segundo el, debería ter feito o anterior goberno. Por que motivo decide a esta altura ese modificado e non o fixo nun principio? Soa a escusa. Así, cando solicitamos copia do proxecto de modificado, o goberno municipal responde que non é posíbel facilitar acceso e copia do proxecto [do modificado] xa que aínda se está preparando”. Ante a nosa insistencia, volve responder que non é posíbel facilitar dita documentación de prórroga xa que non foi obxecto de prórroga, senón de ampliación de prazo por un total de cinco meses”. Cando aínda faltaba por executar perto do 30% das obras, o alcalde de Ribadeo négase a informar do estado das obras xogando coas palabras: substitúe “prórroga” por “ampliación de prazo” e queda tan ancho”.
En reunión de Xunta de Portavoces mantida o martes 21 de outubro de 2025, o alcalde ribadense afirmou que non notara nada raro no funcionamento da empresa, pero que si notaba “que traballaba con moito retraso”. “En que quedamos? Ían a bo ritmo as obras, ou a empresa traballaba con retraso? Se se fixeran as cousas ben desde un principio, hoxe poderiamos ter rematada a obra con independencia dos vaivéns da empresa e os usuarios e usuarias, e as súas familias, verían máis cerca a data de regreso a Ribadeo, á súa residencia. Unha vez máis queda patente que este alcalde é un fraude, por moito que xogue coas palabras”, conclúen os nacionalistas.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



