O concerto será ás 20:30 do sábado 1 de novembro na Casa da Cultura, onde se poderán adquirir as entradas a 5€
Burela, 31 de outubro de 2025. A recoñecida cantante galega Uxía volverá este sábado 1 de novembro a Burela como parte da súa xira Será por Flores, coa que celebra 40 anos de carreira musical.
O recital terá lugar ás 20:30 na Casa da Cultura de Burela. As entradas para o evento poderán ser adquiridas no despacho de entradas da propia Casa da Cultura en horario de 10:00 a 13:00 h, a un prezo de 5€.
O evento conta co apoio do Concello de Burela e da Xunta de Galicia a través da AGADIC, estando enmarcado na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A concelleira de Cultura de Burela, Lina Gómez, anima á veciñanza “a vir celebrar os 40 anos de traxectoria desta gran artista galega nun concerto que, de seguro, será inesquecible”.
Uxía, nada en Sanguiñeda, Mos, comezou a súa carreira musical ao gañar o primeiro premio do Festival de Bergantiños en 1985, publicando o seu primeiro álbum ‘Foliada de marzo’ ao ano seguinte. A súa prolífica e recoñecida carreira toca diferentes xéneros, aínda que está enmarcada principalmente entre o folk, a música tradicional galega e a canción de autora.



























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.


