Viveiro, 2 de outubro, 2025. O grupo municipal explica que: “É ben coñecido por toda a veciñanza que o concello de Viveiro presenta importantes barreiras arquitectónicas que condicionan e dificultan o día a día de moitas persoas, especialmente daquelas con mobilidade reducida”.
“O compromiso do BNG coa eliminación das barreiras é firme, e así o demostramos no noso período no goberno, durante o cal elaboramos —mediante a contratación de arquitectos especialistas en accesibilidade— o Plan de Mellora da Accesibilidade de Viveiro, presentado publicamente en xaneiro deste ano. Este documento recolle unha diagnose do estado actual e propón actuacións prioritarias para avanzar cara a un concello máis inclusivo”.
“O custo estimado da súa execución integral sitúase nos dous millóns de euros, polo que o plan está estruturado en fichas individuais, cada unha cunha actuación concreta e o seu orzamento correspondente. A súa execución require planificación, continuidade e vontade política, independentemente do grupo que ostente o goberno municipal”.
“Neste sentido, desde o BNG consideramos fundamental comezar canto antes coa implementación progresiva do plan”.
“Ademais, queremos salientar que durante os eventos do pasado mes de agosto —en particular os concertos na Praza Maior— non se tiveron en conta as necesidades das persoas con mobilidade reducida, ao non habilitar espazos adaptados que lles permitiran desfrutar dos actos en igualdade de condicións. Esta situación podería terse evitado mediante a instalación dunha plataforma elevada, como se realiza noutras ocasións, por exemplo na Semana Santa”.
“Por todo o anterior, propoñemos ao Pleno da Corporación a adopción dos seguintes acordos”:
1. Habilitar espazos adaptados para persoas con mobilidade reducida en todos os eventos organizados ou coorganizados polo Concello nos que se prevexa unha elevada asistencia de público.
2. Incorporar nos orzamentos municipais de 2026 unha partida específica destinada á execución dunha das fichas incluídas no Plan de Mellora da Accesibilidade de Viveiro.
3. Convocar unha reunión de traballo previa ao punto anterior, coa participación dos técnicos municipais e dos grupos políticos da Corporación, co fin de definir e consensuar cal das fichas se priorizará para a súa execución.
Recollida lixo Naseiro
Pasadas xa varias semanas desde a celebración da festa do Naseiro, “comprobamos que o lixo de gran volume foi retirado, o cal valoramos positivamente. Porén, nos lugares onde este lixo estivo acumulado, aínda quedan numerosos restos que non foron recollidos. Rogamos, por tanto, que se proceda á limpeza destes espazos, co fin de evitar que ditos restos se dispersen coa auga ou o vento, causando un impacto ambiental e visual innecesario”.
Aparcamentos Cantarrana
No pleno do 4 de marzo do 2020 aprobábase a moción do BNG para reducir a siniestraliedade no vial LU-862 á altura de Covas. Acordouse reclamar á AXI un estudo desta estrada de Cantarrana a Covas e executar o Plan de Mellora do vial anunciado no 2017, distribuíndo os aparcamentos en espiga.
En setembro do 2020 a AXI enviou ao Concello a proposta do proxecto, no que se perderían unhas 70 prazas de estacionamento, polo que o goberno naquel momento pospuxo o proxecto mentres se valoraba, a petición do Bng, suprir as prazas intentando a xestión de solares privados como aparcadoiros públicos.
Ademáis, durante o Goberno do BNG levouse a cabo un intenso estudo para chegar a unha cesión ou a un comodato nalgún solar baleiro da zona para adecualo como zona de estacionamento público, quedando ese traballo iniciado e a disposición da actual Concellería agora do PP, que incluso na oposición amosouse preocupado pola situación lanzando un rogo oral no pleno de agosto de 2024, propoñendo incluso eliminar as prazas de taxi de Cantarrana e as da policía local da Travesía da Mariña.
“Pese a deixar o traballo encamiñado, non vemos ningunha mellora nin avance neste sentido por parte do actual goberno, polo que formulamos as seguintes preguntas”:
1. Qué medidas ten previsto acometer o actual goberno local para mellorar o estacionamento e seguridade en Cantarrana?
2. En caso afirmativo, que prazo se propón para executalas?
3. Con que financiamento pensa executar estas medidas?
4. Teñen pensado, tal e como propoñían, eliminar as prazas de taxi de Cantarrana e as da policía local da Travesía da Mariña?












Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



