Ortigueira, 22 de outubro de 2025. O Concello de Ortigueira, a través do seu alcalde, Valentín Calvin, emprazou no pleno extraordinario de hoxe ao persoal do Servizo de Axuda non Fogar municipal a unha reunión a semana que vén para escoitar as súas demandas e suxestións, así como a “estudiar el paradigma y el modelo al que queremos ir”.
O alcalde, Valentín Calvín, lembra que “cuando accedimos a la alcaldía, nos encontramos un servicio en el que los trabajadores y trabajadoras llevaban 2 años sin vacaciones, sin ropa, sin EPIs ni materiales adecuados, algo que hemos subsanado desde que entramos en el gobierno”.
Ademais, saliente que “Ortigueira se mantiene como el único Concello de toda la comarca que no tiene privatizado el SAF y que, por tanto, gestiona directamente el servicio”.
Destaca ademais a mellora das condicións laborais das persoas traballadoras desde 2023, xa que se reforzaron con catro persoas máis e recentemente estabilizáronse todas as prazas desta área. “Este gobierno ya se ha reunido en varias ocasiones con representantes de la plantilla para tratar de mejorar su situación, algo que se ha conseguido, con mejoras en los turnos y asegurando el descanso de 12 horas. Es cierto que todo se puede mejorar, por eso estamos abiertos a escuchar y a estudiar posibles mejoras y optimización del servicio”.
Ademais, desde que Calvín accedese á alcaldía, puxéronse en marcha diversas iniciativas complementarias para seguir mellorando o SAF. Algúns exemplos son os obradoiros de emprego no ámbito sociosanitario ou o Ciclo Medio de Atención a persoas en situación de dependencia que se imparte no IES de Ortigueira. Ambas as formacións buscan retroalimentarse co SAF e fomentar a formación neste ámbito na zona, tendo así máis profesionais dispoñibles.
Reitera que “hay voluntad por parte de este equipo de gobierno, tanto política como personal, para seguir mejorando la situación del SAF, como se ha ido haciendo desde que este grupo está al frente del gobierno local”.




















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



