Xove, 1 de outubro, 2025. O equipo de goberno municipal decidiu mellorar a eficiencia enerxética que surte o complexo do Centro Cívico propoñendo como melloras a substitución da caldeira de astilla existente e o seu correspondente elevador por unha nova e máis moderna de 800 kW de potencia instalada e tamén a ampliación do silo de almacenamento da cachela.
As obras a executar no complexo municipal para o cambio de caldeira de astilla existente por unha nova e de maior potencia conlevou tamén a total adecuación da sala de máquinas ao novo RITE e centrouse tamén na substitución integral dos equipos constituintes. Isto inclúe a sustitución da actual caldeira de astilla de 500 kW por una de 800 kW co seu respectivo axitador rotatorio en silo, tornillo sinfín dende silo a caldeira, ciclón e filtro electrostático, ademáis de elevador de astilla, un circulador electrónico, contador de enerxía eléctrica e térmica, dotación de desconector no enchido, mellorar a instrumentación da sala, un novo vaso de expansión, cadro de proteccións eléctricas reformado, ampliación de chimenea, revestimento de tubería con aluminio e en definitiva axustarse ao RITE 2019.
Así mesmo, tamén inclúe un novo depósito de inercia vertical e o sistema de xestión integral do conxunto, tipo ESCADA.
Ademáis todo este sitema conta cun control remoto que permite levar a cabo un seguimento telemático do funcionamento da caldeira en calquera fase do seu proceso, de xeito que en calquera dispositivo intelexente, sexa móbil ou ordenador, poderase comprobar en cada momento o funcionamento que está tendo a caldeira de biomasa e así poder detectar con celeridade calquera anomalía que poidese xurdir.
As obras foron adxudicadas en 342.817,20 €. Desta cantidade, a Xunta de Galicia a través de INEGA, fíxose cargo de 261.605,40 € e tamén a través dun convenio suscrito entre o Concello e Rede Eléctrica quen aportou a cantidade de 46.502 €; co cal o Concello de Xove para esta gran obra de mellora tivo que aportar uns 34.700 €, conseguindo ademais un aforro de custes no subministro da astilla, posto que ao ter maior volumen de almacenamento teranse que facer menos frecuencias de subministro.
Toda esta obra de mellora vai redundar tamén nun importante aforro enerxético e polo tanto de custes para as arcas municipais.
Con esta actuación preténdense alcanzar os seguintes obxectivos:
– Empregar un sistema de calefacción de alto nivel técnico e excelente en termos de sostenibilidade.
– Substituir o combustible actualmente utilizado, que era o gasóleo e resultaba insuficiente para a potencia da caldeira, por un combustible de menor procesado e polo tanto menos contaminante, alcanzando unha reducción de emisións de CO2, xa que a biomasa está considerada como un combustible neutro en emisións de CO2, ao absorber a mesma cantidade de CO2 durante a fotosíntese para o crecemento das plantas, como na liberación posterior durante a sua combustión.
– Alcanzar un aforro enerxético.
– Utilizar un combustible local, repercutindo na xeración de emprego local e diminuindo o déficit exterior na mesma medida que sustitua aos combustibles fósiles, que son na súa totalidade importados.