Tras o éxito da primeira edición, a Comisión quere seguir construíndo a memoria festiva de Viveiro con fotos das décadas seguintes
Viveiro, 1 de outubro de 2025. A Comisión Viveiro en Festas xa traballa na organización das festas de San Roque do próximo mes de agosto e, como parte das actividades de recadación de fondos, anuncia a elaboración dun calendario de 2026. Despois do gran éxito acadado coa edición anterior, dedicada ás fotografías das décadas dos 40, 50, 60 e 70, nesta ocasión o calendario estará centrado nas festas de San Roque durante os anos 80 e 90, co fin de preservar e difundir a memoria gráfica da tradición festiva de Viveiro.
Para levar a cabo esta iniciativa, a Comisión fai un chamamento a todos os veciños e veciñas que conserven fotografías desas décadas relacionadas coas festas da vila.
Procúranse imaxes que amosen verbenas, desfiles, comparsas, concertos, actos populares e, en xeral, calquera momento festivo daqueles anos. Recoméndase indicar o ano aproximado da fotografia para estabelecer unha orde cronolóxica, así como enviar fotografias cun peso mínimo de 500KB.
As persoas interesadas en colaborar poden poñerse en contacto coa Comisión a través das súas redes sociais oficiais, no teléfono 614191962, a través do correo electrónico comisionviveiroenfestas@gmail.com ou a través de calquera dos membros da asociación.
A comisión anima á veciñanza que queira participar nesta proposta, que non só servirá para recadar fondos destinados á organización das festas, senón, según din “serve para recuperar e compartir a memoria recente das festas de San Roque e, entre todos, traballar na identidade colectiva de Viveiro como viñemos facendo durante este último ano”.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



