A alcaldesa, Marta Rouco, visitou hoxe as instalacións para comprobar o resultado final das actuacións, que permitirán poñer en marcha o servizo nas vindeiras semanas
Vilalba, 17 de outubro de 2025. O Concello de Vilalba vén de dar por finalizadas as obras do novo Punto de Atención á Infancia (PAI), un servizo clave para favorecer a conciliación das familias e ofrecer atención educativa de calidade aos máis pequenos e pequenas do municipio.
A alcaldesa, Marta Rouco, visitou hoxe as instalacións para comprobar o resultado final dos traballos e coñecer de primeira man o estado das novas dependencias.
Unha vez finalizadas as obras, o Concello xa tramitou ante a Xunta de Galicia a solicitude de apertura do centro educativo, paso necesario para a súa posta en funcionamento. O novo PAI contará con 20 prazas destinadas a nenos e nenas de 0 a 3 anos.
A vindeira semana, o Concello prevé abrir o prazo de inscrición, para que as familias interesadas poidan solicitar praza neste novo servizo municipal, que se converterá nun recurso fundamental para a conciliación laboral e familiar das vilalbesas e vilalbeses.
A alcaldesa, Marta Rouco, destacou que “este novo Punto de Atención á Infancia é unha mostra da aposta do goberno local pola conciliación e polos servizos públicos de calidade, fundamentais para que as familias poidan desenvolver o seu proxecto de vida en Vilalba”.
Desde o equipo de goberno subliñan tamén que este proxecto forma parte do compromiso da Alcaldía por gobernar para todos e todas, impulsando iniciativas que melloran o día a día dos veciños e veciñas e contribúen a facer de Vilalba unha vila moderna, con máis oportunidades e mellores servizos.



























Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



