Ribadeo, 30 de outubro de 2025. Ribadeo investirá 50.000 euros na mellora da eficiencia enerxética do alumeado público do polígono industrial, segundo deu a coñecer este xoves o alcalde, Dani Vega.
O rexedor dixo que “seguimos xestionando moitas subvencións, convenios, en definitiva, moito orzamento para que Ribadeo siga avanzando. Neste caso, máis de 50.000 euros para mellorar a eficiencia enerxética do alumeado público do parque empresarial. Imos substituír a vella luminaria e actuar desde un punto de vista do aforro da eficiencia enerxética de todo o parque empresarial”.
Vega subliñou: “unha inversión de máis de 50.000 euros para mellorar toda a eficiencia enerxética do parque empresarial. Queremos implantar melloras na iluminación pública e que sexa máis eficiente desde un punto de vista do aforro enerxético conforme á normativa actual. Volvemos investir, volvemos xestionar orzamento, máis de 50.000 euros, e tamén queremos seguir nunha liña de traballo de mellora de todo o parque empresarial”.
O alcalde lembrou que “este parque empresarial estaba certamente abandonado desde todos os puntos de vista. Non había unha xestión para que as parcelas tiveran unha saída rápida e agora, con este prezo que pasa de 74 euros a 35 euros metro cadrado, xa hai tres empresas que se van establecer. E vamos actuar na mellora das beirarrúas que tamén están moi abandonadas”.
Para o rexedor ribadense “trátase dun traballo constante e paulatino, que significa que estamos xestionando moito orzamento para que a Ribadeo siga avanzando”.



























O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



