Hai pouco fixen unha viaxe lenta, ‘slow travel’ que incluíu o País Vasco. En bicicleta, tendo un certo roce co local, e por suposto, trato coa xente, cos ‘locais’.
Vindo de Galicia, non me estrañou o ‘kaixo’ de saúdo, nin tampouco notei estrañeza no cambio de lingua ó apreciar a xente a miña incomprensión do eúscaro. Estrañoume máis a percepción propia, miña, de que o tono, a cadencia da xente ó falar, era diferente nunha e outra lingua. Ó mellor, só percepción miña, como se o acento cambiara coa lingua.
Pasando por Gasteiz -Vitoria na outra lingua cooficial no país-, Agurain -Salvatierra-, Ikaztegieta -este, máis doado, Icaztegieta-, Irun -este, tamén, Irún-, Hondarribía -Fuenterrabía-, Hendaia -neste caso, o cooficial en Iparralde é o francés: Hendaye- ou a norteña Getaria -de novo, francés, Guéthary-, entre outras, poden observarse moitas diferenzas. Pero a querencia á cultura, tradicións ou lingua son patentemente constantes. E sono na convocatoria de actos plas múltiples asociacións a máis de polas entidades públicas, pola promoción da eu.wiki (eu.wikipedia.org), ou a convocatoria da popular korrika -carreira- anual polo eúscaro, pero tamén polas bibliotecas.
Gardo grata lembranza da pequena biblioteca de Getaria/Guéthary, onde Catherine fai a súa labor ‘fierment’ (con orgullo, en tradución literal do francés), pero tamén lembro con agrado as de Tolosa -aquí non hai cambio de denominación entre linguas- ou Astigarraga -tampouco-, onde se nota un coidado agradecido pola concorrencia cidadá ós establecementos, sexa castelán falante ou teña como lingua vehicular o eúscaro. Agradecemento que se nota en xeral nos usuarios das bibliotecas, pero que noutros lugasres vese arroupado por abonda menor concorrencia. Ás bibliotecas na vilas grandes xa se lles supón fondos bibliográficos e persoal de atención abundantes, pero o certo é que mesmo en pobos de non moita veciñanza a biblioteca ocupa un lugar aparentemente destacado na vida do entorno.
Unha viaxe, dixen ó comezar. O retorno, en tren, ofreceume un último contraste a sinalar, entre outros moitos posibles. As comunicacións en tren pola cornixa cantábrica non son excepcionalmente boas, como é sabido, necesitándose dous días para chegar en tren do Bidasoa ata a ría de Ribadeo. Sen detallar moito, a viaxe esixe ao menos cambio de tren en Donostia/San Sebastián, Bilbo/Bibao, Santander e Oviedo/Uviéu. Ao menos, con noite por medio. Unha viaxe que ofreceu contrastes sobre os que pensar, máis aló da densidade de poboación ou riqueza actual do territorio, que por suposto inflúen. Así, comecei a viaxe de retorno nun Euskotren eléctrico de 6 vagóns, que de cambio en cambio se foron reducindo (mesmo nunha parada intermedia en Infiesto na que teoricamente non tería por que facerse o cambio) ata ser só un vagón automotriz diésel o que se chegou a reflectir nas augas da ría ribadense. De xeito parello, os avisos pasaron de estar difundidos en catro linguas (eúscaro, castelán, francés e inglés) a unha soa. A dobre vía, pasou a sinxela, mentres as denominacións facían cambio entre rexional, ancho métrico ou ‘cercanías’… mesmo con varias denominacións no mesmo tramo, de xeito que puiden comprobar que non fun o único que na procura por internet se perdeu nas denominacións, incapaz de atopar as liñas. Por suposto, o pasar dunha frecuencia dun convoi cada media hora a dúas veces ó día déixoa apartada por ter en principio outra orixe.
Non, non se trata de querer ser vasco: estou orgulloso de ser o que son, cidadán do mundo como galego. Pero como tal, sinto o aquel de mirar para fóra e ver que ás veces as cousas poderían ir mellor facéndoas como as fan noutros lugares, como por exemplo o País Vasco.


















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



