Ribadeo, 23 de outubro de 2025. Teatro, música, literatura, exposicións e obradoiros son algunhas das propostas da axenda cultural de Ribadeo para o último trimestre do ano, que foi presentada pola edil Begoña Sanjurjo.
A concelleira de Cultura explicou que “preparamos unha axenda diversa para este último trimestre do ano, pensada para chegar a toda a veciñanza, desde o público infantil ata o adulto, e que combina teatro, música, literatura, exposicións e obradoiros. Queremos que Ribadeo siga sendo un referente cultural na comarca e que cada trimestre a cidadanía poida gozar de novas propostas de calidade”.
Begoña Sanjurjo contou que “durante o mes de outubro, destacan as representacións teatrais da XXII Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón, da que xa desfrutamos a pasada fin de semana; os Seráns de Teatro nas escolas das parroquias; e diversas actividades na Biblioteca El Viejo Pancho, como o Certame de Microrrelatos Ilustrados Ano Castelao 2025 e a conmemoración do Día da Biblioteca. Este venres presentamos o libro Bon proveito, Amiguiños, que retrata 90 anos de Radio en Lugo”.
A edil ribadense seguiu a relatar que “o mes de novembro chega con novas propostas escénicas e musicais, como o musical Las diosas del K-pop, o espectáculo infantil Rosalía, a pulga que escribía, o Festival de Jazz, e as Xornadas arredor da Ría de Ribadeo, dentro do programa Ribadeo Cara ao Mar. A música será protagonista na festividade da súa patroa Santa Cecilia, con concertos da Banda Municipal e da Coral Polifónica. Ademais, a Biblioteca acollerá presentacións literarias e encontros culturais con autores galegos e nacionais. O penúltimo día do mes Amigos da Gaita celebrará o magosto e o último día teremos no teatro o espectáculo Na casa delas, no que o cuarteto Son de Corda xunta música e poesía”.
E engadiu: “xa en decembro, seguiremos gozando do teatro, do Festival de Jazz e tamén teremos un concerto solidario de Gospel coa formación africana Aba Taano. A programación cultural vestirase de Nadal co Festival da Escola Municipal de Música e Danza, os concertos de panxoliñas, o espectáculo Aquí como en Viena da Banda Municipal, e a festa pre fin de ano Vendaval Fest no Campo de San Francisco, que porá o broche festivo á tempada”.
Begoña Sanjurjo manifestou: “queremos agradecer a participación das asociacións culturais, da Escola de Música e Danza, da Biblioteca, que fan posible unha axenda tan viva e participativa. A cultura é unha ferramenta esencial para a cohesión social e para o benestar da nosa comunidade. Esta axenda cultural do 4º trimestre pode consultarse en formato dixital na web do Concello e nos taboleiros informativos dos espazos municipais. Vémonos nos espazos culturais”.






















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



