As prazas son limitadas, polo que é preciso reservar praza a través de comisionviveiroenfestas@gmail.com ou no whatsapp do teléfono 614 191 962
Viveiro, 9 de novembro de 2025. A Comisión de Festas do San Roque de Viveiro, Viveiro en Festas, organiza a súa segunda Cea-Baile de Nadal o vindeiro venres, 19 de decembro, nun Hotel Resort de Viveiro.
O evento, que ten como obxectivo recaudar fondos para as Festas de San Roque, promete unha noite chea de gastronomía, música, sorteos e diversión.
O acceso ao espazo será a partir das 21:30 horas, e a cea dará comezo ás 22:00 horas. O prezo por persoa é de 69 euros, que inclúe un donativo para a comisión.
O menú estará composto por un petisco de benvida, langostinos ao forno, filloa rechea de marisco, meixelas de porco ao mencía e milfollas con xeado. Todo acompañado por viños D.O. Rías Baixas e D.O. Ribeira Sacra, así como café, té, infusións e licores.
A festa continuará cunha barra libre (bebidas non premium) e música cun DJ ata as 03:30 horas.
As prazas son limitadas, polo que se recomenda reservar canto antes a través do correo comisionviveiroenfestas@gmail.com ou a través do whatsapp no teléfono 614 191 962. En caso de ir en grupo, agradécese que se apunten nunha reserva todas as persoas xuntas.
Con esta iniciativa, Viveiro en Festas continúa traballando para manter viva a tradición e garantir unhas festas patronais á altura da vila viveirense.



























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.



