A Mariña, 28 de novembro de 2025. A Mancomunidade participou esta semana nas primeiras sesións de traballo para a implantación na Mariña do Modelo de Innovación Sostible de Experiencias Agroturísticas (MISEA), unha iniciativa impulsada pola Secretaría de Estado de Turismo a través de SEGITTUR. A Mariña foi o único destino galego seleccionado para participar neste programa, do que tamén forman parte a Deputación de Cáceres, a illa de Fuerteventura, o municipio de Deltebre en Tarragona e Valencia, todos membros da Rede de Destinos Intelixentes.
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, explica que “se trata dun proxecto que ten como obxecto motivar a participación do sector primario no sistema turístico local, estruturando experiencias agroturísticas sostibles e atractivas que, sen distorsionar a actividade principal, xeren ingresos ou ventas directas e indirectas, contribuíndo a dar visibilidade aos produtos, capaces de enriquecer e diversificar a oferta do destino”.
No proceso de implantación deste programa, os técnicos responsables aportarán asesoramento a produtores do sector gastronómico para a creación e optimización de experiencias turísticas e tamén aportarán un plan de acción conxunto e de destino para consolidar a súa integración no sistema turístico.
Primeiros pasos na Mariña
O proxecto arrincou na Mariña o pasado martes 25 de novembro cunha xornada de traballo na que participaron técnicos da Mancomunidade e un grupo de 10 produtores e empresas seleccionadas.
A xornada do martes estivo estruturada en dúas sesións: un encontro co chamado Grupo de Contraste e un obradoiro de formación para a creación de experiencias dirixido a un grupo de axentes locais seleccionados para conformar un escenario diverso e representativo.
A reunión do Grupo de Contraste contou coa presenza de representantes de Turismo Slow norte de Galicia, Colectivo de Gastronomía da Mariña, Cooperativa Terras da Mariña/IXP Faba de Lourenzá, GDR Terras de Miranda, membros da mesa de calidade do SICTED na Mariña, unha axencia de viaxes e os centros de formación IES de Foz e CFA Pedro Murias de Ribadeo. Así completouse un abano de profesionais experimentados que a través da colaboración activa e o intercambio de ideas, achegaron o enfoque e aperspectiva local ao proxecto, contribuido a súa boa implementación.
Pola súa parte, o primeiro obradoiro de formación conxunta para a creación de experiencias agroturísticas foi participado por 10 produtores e pequenas empresas transformadoras e comercializadoras do destino. Foi un encontro intenso e dinámico no que se abordou o perfil do promotor como anfitrión e empresario, as boas ideas como punto de partida, os clientes, a construción das experiencias dentro do modelo sostible e a súa axeitada xestión. Estes axentes recibirán ao longo desta semana asesoramentos personalizados para traballar de forma mais concreta sobre as experiencias que desexen motivar ou mellorar.
López conta que “a implantación do modelo continuará ata o mes de abril con novas sesións colectivas e asesoramentos individualizados para avanzar na elaboración destas experiencias agroturísticas, que favorecen a consolidación dun modelo de turismo máis sostible ao que se aspira desde a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense”.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



