A Mariña 24 de novembro de 2025. A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña traslada o seu apoio á folga en Atención Primaria convocada polas organizacións sindicais con presenza na Mesa Sectorial de Sanidade, “contra as intencións da Consellería de Sanidade de afondar máis na destrucción da Atención Primaria co seu modelo de fragmentación do nivel básico e esencial da asistencia sanitaria, que conducirá a unha merma na atención á cidadanía. Ao mesmo tempo afonda na desigualdade entre o persoal facultativo ao promover a normalización e xeralización de dúas categorías de médic@ de atención primaria, o que redundará no incremento da conflictividade, a merma na asistencia sanitaria e a ausencia moitos días das e dos facultativ@s obrigadas a realizar gardas nos PAC a maiores da actividade laboral que teñen que desenvolver nos centros de saúde . A consellería pretende que este modelo, implantado durante a pandemia de xeito provional e que demostrou que non só é ineficaz, senón que agrava as graves eivas nas que está a derivar a Atención Primaria, quede de xeito definitivo”.
“Do mesmo xeito manifestamos o noso rexeitamento á contratación sen a formación axeitada e polas vías habilitadas legalmente para acceder á especialidade de Medicina de familia e Comunitaria, poñendo en risco a saúde das persoas”.
Desde este colectivo “apoiamos a todas as persoas traballadoras de Atención Primaria e animámolas a que secunden esta folga para parar as pretensións da consellería de sanidade e do goberno da Xunta de atentar contra o corazón da asistencia sanitaria pública”.




















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



