Elena Candia: “Recoñecer o legado de Cacharro é de responsabilidade como militantes do PP de Lugo e de xustiza como lucenses”
Lugo, 5 de novembro de 2025. O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe o legado de estabilidade, fiabilidade e carácter que deixou Francisco Cacharro na medida en que segue presente na Galicia de hoxe e constitúe, na súa opinión, a mellor forma de entender a política e a xestión pública.
Fíxoo no acto organizado esta tarde polo PP na provincia de Lugo para conmemorar os dez anos do pasamento do político lucense. Un acto de lembranza que, segundo o líder dos populares galegos, ten que servir tanto para facer chegar aos máis novos o seu legado como para recordar a un político que estivo á altura da cidadanía que confiou nel ocupase o cargo que ocupase.
Del destacou a súa paixón, o seu rigor e o seu compromiso por mellorar e reforzar os servizos públicos. Atributos que foron fundamentais para materializar o proxecto da Facultade de Veterinaria de Lugo, que hoxe é “emblema” do Campus Terra cuxa creación Cacharro defendeu con visión e liderado.
Rueda subliñou que o PPdeG, ao igual que nas primeiras décadas da Democracia, segue a traballar cada día por repetir a confianza que a cidadanía ten no partido co mesmo estilo: afastado da confrontación e do ruído e centrado na eficacia, nos resultados e nos feitos que melloran realmente a vida dos galegos e galegas.
Fronte a unha oposición instalada no “non a todo”, que “non ve máis aló da súa ideoloxía” e un Goberno central que “non goberna porque nin pode nin quere”, o presidente puxo en valor a Galicia que aproba os seus Orzamentos en tempo e forma para responder á realidade e ás necesidades da cidadanía.
“Nun momento no que podemos caer na tentación de interpretar a política como unha competición, Francisco Cacharro era un exemplo de que o que transforma unha sociedade é a constancia diaria e o traballo calado”, concluíu.
UN LÍDER CON VISIÓN ESTRATÉXICA E INNOVADORA
Pola súa banda, a presidenta do PP da provincia, Elena Candia, incidiu en que recoñecer o legado de Francisco Cacharro “é de responsabilidade como militantes deste partido e de xustiza como lucenses”. Nesta liña asegurou que o partido “ten que saber de onde vén” e que “nin Lugo nin o PP de Lugo serían o mesmo sen o proxecto, traballo e entrega de Paco Cacharro”.
Algúns dos proxectos que impulsou na provincia son o Campus de Lugo, o Hospital Veterinario, a Fundación Rof Codina ou a granxa Gayoso Castro. Tamén se implicou noutros ámbitos relacionados coa formación como son os conservatorios elementais de música. Apostou polo desenvolvemento da provincia impulsado solo industrial a través de SUPLUSA e a rede provincial de estradas. En relación ao turismo impulsou a Ribeira Sacra e puxo en marcha as rutas de catamaráns, creou o Centro de Artesanía e Deseño e apoiou ao sector artesán. Tamén apoiou ao sector primario vinculado ao territorio máis aló dos centros de formación no Campus de Lugo co seu apoio á viticultura ou a ACRUGA. E, en materia de medio ambiente, implicouse nas Reservas da Biosfera. Foi sensible cos servizos sociais impulsando a teleasistencia ou o servizo de preescolar na casa, entre outros proxectos. Apoiou a cultura galega, impulsou ampliación do Museo e apostou polo audiovisual apoiando a televisión local. E, no ámbito do deporte, uniu esforzos para construír o Pazo, a escola de piragüismo en Lugo, impulsou o rally e apostou polo deporte base.
Así, hoxe o partido “responde a unha débeda” e faino desde a Facultade de Veterinaria onde comezaban as clases fai 41 anos e “colocando un punto e seguido co que manter viva a súa aprendizaxe”.
Nese sentido, Candia agradeceu a Xulio Xiz e Antonio Giz, do colectivo Egeria, o seu traballo nesta acción de memoria e á familia de Cacharro, que “con xenerosidade abriu as portas da súa casa e permitiu entrar nos seus recordos, desde o cariño e sen rancores”.
“Sabio, bo e tolerante” son as palabras coas que a presidenta provincial do partido definiu a figura de Paco Cacharro durante a súa intervención, incidindo noutras das súas cualidades como “o liderado e a visión estratéxica e innovadora da acción política” dun “funcionario con espírito antiburocrático”. Fixo tamén referencia ao seu contexto vital, xa que “pertenceu á xeración de 1936, herdeira dun país en ruínas e que soubo reconstruír un mundo arrasado e transformar a triste realidade da súa infancia nunha das sociedades máis libres e prósperas”.
“Sabemos que os milagres non existen, senón o traballo duro e os continuos sacrificios dunha xeración con fe no futuro e na convicción de que a acción humana é un motor de cambio social”, concluíu a este respecto.
UNHA ACCIÓN MÚLTIPLE DE LEMBRANZA
O acto de hoxe enmárcase dentro dunha acción múltiple de lembranza promovida polo PP na provincia de Lugo e que inclúe a publicación do libro ‘Lembrando a Paco Cacharro’, unha exposición e un vídeo con imaxes e sons do homenaxeado, así como a posta en marcha dunha páxina web conmemorativa.
O libro é un compendio de toda a súa traxectoria vital –desde a súa primeira etapa como mestre ata posteriormente ser inspector, concelleiro, senador, conselleiro de Educación e presidente da Deputación de Lugo– e recolle íntegra a conversación que Cacharro mantivo coa xornalista Tonina Gay en 1994 en Televisión Lugo. Ademais de contar tamén con conversas entre a súa familia máis de 30 anos despois.
Un gaiteiro da asociación Bágoas da Terra e a coral Orfeón Lucense foron os encargados de poñer música ao acto celebrado esta tarde na Facultade de Farmacia, que estivo presentado por Xulio Xiz e no que tamén interviñeron Antonio Giz, en representación do colectivo cultural lucense Egeria; Sara Ruiz, licenciada en Veterinaria a piques de rematar o doutorado; e Francisco Cacharro Gosende, fillo do homenaxeado e que falou en nome da familia.

















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



