Alfoz, 16 de novembro de 2025. O Concello de Alfoz vén de executar unha importante actuación de mellora e integración paisaxística na cuberta da grada principal do Campo de Fútbol Municipal, ao abeiro das axudas da Xunta de Galicia para a corrección de impactos paisaxísticos destinadas a concellos, xestionadas polo Instituto de Estudos do Territorio.
A intervención contou cun orzamento total de 28.809,08 euros, dos cales o Concello recibiu unha subvención de 20.000 euros, destinada a contribuír á modernización e mellora das instalacións municipais. A actuación centrouse na retirada da antiga cuberta de fibrocemento con amianto, un material que, co paso do tempo, presentaba roturas e degradacións. Estas fendas supuñan un risco para a saúde, xa que a fragmentación do fibrocemento pode liberar po de amianto, perigoso para as persoas usuarias do recinto e para a veciñanza da contorna. Para garantir unha intervención segura, a retirada realizouse mediante unha empresa especializada e autorizada, que se encargou do manexo, encapsulado, transporte e eliminación do material conforme á normativa vixente, trasladándoo a un vertedoiro específico para residuos con amianto. Unha vez retirada a cuberta antiga, procedeuse á instalación dunha nova cobertura de chapa lacada, máis integrada coa paisaxe e acorde cos criterios estéticos establecidos na Guía de Cor e Materiais de Galicia. Tamén se acometeu o pintado integral da estrutura metálica da grada, empregando imprimación antioxidante e esmalte verde, mellorando tanto o aspecto visual da instalación como a súa protección fronte á corrosión.
Desde o Concello de Alfoz destacan que esta actuación “mellora de maneira moi significativa a seguridade e a calidade dunha das instalacións deportivas máis utilizadas do municipio, ao tempo que elimina un material perigoso e permite que a grada se integre moito mellor na paisaxe da zona”. O goberno local subliña tamén que este tipo de intervencións son posibles grazas ao apoio económico do Instituto de Estudos do Territorio, que “permite avanzar na renovación das infraestruturas públicas, dignificando os espazos municipais e contribuíndo a un rural máis coidado, máis seguro e máis atractivo”.




















Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.



